- Vostede definíu a Cidade da Cultura coma unha mostra universal da cultura galega, pero o presidente Touriño fala de Iberoamérica tamén...

- A Cidade pódenos axudar como unha plataforma de proxección internacional da cultura galega, estamos totalmente de acordo. E cando fala o presidente, faino dun proxecto que se está concretando xa cos ministerios de Exteriores, Cultura e a Presidencia. Estamos a falar dun Centro de intercambio cultural que vai coexistir co Centro de Arte internacional; non falamos de toda a Cidade, senón dun Centro na Cidade, e que se vai adicar a funcionar coma elemento de enlace cultural entre Europa e Latinoamérica. Eu estou totalmente dacordo.

-O método para xestionar a Cidade, unha fundación xunto a outras por cada centro, lembra aquilo dos chiringuitos...

- Nada de chiringuitos. O sistema, non o elixo eu, senón a Consellería de Economía da Xunta, aínda que ambos estamos dentro da fundación e de acordo co ese mecanismo. Se elixe porque se considera que é o que máis facilita a integración do que podería ser capital privado ao funcionamento da propia cidade e ademáis a axilidade na xestión. O marco normativo actual é diferente porque trala nosa chegada apróbase a Lei de Fundacións no Parlamento e agora mesmo o marco está moi regulado. A funcionalidade que é moi variada para cada un dos edificios será máis doada se os compoñentes desa fundación especialízanse nos cometidos. Non é o mesmo a fundación que vai a rexir o Centro de Arte Internacional que o que podería ser o propio Museo. É o mesmo para o que poderían ser patrocinios.