Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

M. Moreira: "O Sergas consolida recortes e a aniquilación de Primaria"

"Fan as áreas sanitarias máis grandes para mover médicos e non dotalas de máis recursos"

M. Moreira: "O Sergas consolida recortes e a aniquilación de Primaria"

-Por qué é tan malo que se reduzan de 11 a 7 as áreas sanitarias?

-Co novo modelo, se centralizan as capacidades de planificación e a toma de decisións nos 7 grandes hospitais, que centralizarán os recursos. Un exemplo, se da área sanitaria de Pontevedra dependen os hospitais de Pontevedra e do Salnés, o repartir fondos a maioría irá para o hospital de Pontevedra porque é o máis grande pero tamén porque é alí onde se toman as decisións.

-O Sergas e o PP manteñen que se achega a atención sanitaria ó paciente porque médicos do hospital central pasarán consultan nos comarcais e evitarán así os desplazamentos dos enfermos.

-Ante o envellecemento da poboación, o Sergas o que fai é aumentar o tamaño das Áreas Sanitarias para poder mover os médicos, en vez de dotar as áreas de máis recursos. Todos non poden estar en todas partes. O que haberá é médicos en situacións precarias.

-Sanidade explica que coa nova lei os hospitais comarcais serán máis atractivos para os profesionais, que agora prefiren traballar nos hospitais grandes. . .

-Os hospitais comarcais teñen déficit de médicos, non por ser comarcais, senon porque Sanidade non os dota de recursos. Teñen unha capacidade limitada. Están infrautilizados e deixan de prestar servicios que podían prestar. Entón os médicos en canto poden marchan os hospitais centrais.

-O PP promete que Atención Primaria terá unha dirección propia.

-A lei di que os Distritos sanitarios, que son as divisións territoriais das Áreas, serán o marco de referencia de coordinación dos dispositivos de Atención Primaria, hospitalaria e sociosanitaria, pero sen aclarar nada máis. Resulta preocupante que se queira situar nese ámbito intermedio a suposta recuperación das estructuras directivas de Atención Primaria. Os profesionais da sanidade reclaman unha dirección de Atención Primaria propia con capacidade de xestionar recursos económicos e humanos propios. Vai manterse a dependencia de Atención Primaria da dirección da Área Sanitaria. Atención Primaria quere ter orzamentos e plantilla propias e poder tomar decisións sobre os seus recursos. Non hai avance ningún.

-Vostedes denuncian a privatización da investigación sanitaria e o PP replica que a sanidade pública non pode afrontar o desenrolo e comercialización desa investigación e por iso busca fórmulas de colaboración pública-privada.

-O Sergas sacou a investigación e derivouna á Axencia do Coñecemento da Saúde e o Consello de Contas xa advertiu que as axencias públicas serven para transferir á empresa privada competencias do sector público, e tamén para incorporar cargos de libre designación. É certo que ás veces hai que colaborar co sector privado para sacar adiante investigacións, pero co modelo do PP o perigo é que se investigue na sanidade pública só o que interese ás empresas, é dicir, só o que pode ser negocio.

-O PP di que teñen unha teima co privatización da sanidade, pero que só o 2,2% da actividade que preste se deriva á concertada.

-Máis da metade do orzamento do Sergas vai cara a privatización. Esquecen no PP o canon do Cunqueiro e de Povisa, ademaís de toda a actividade concertada. E seguen avanzando neste modelo, agora coa fisoterapia.

-Tan importantes son os Consellos de Saúde?

-Son órganos de participación social e agora lles van rebaixar o carácter, pois só serán asesores e consultivos. Non poderán condicionar as políticas do Sergas. Se limita o acceso á información e á documentación existente, por parte destes Consellos de Saúde, polo que se condiciona calquera capacidade de control.

-Hai algo que lles guste desta lei?

-Esta lei consolida o recorte nas prestacións públicas, privatizacións, centralización de dispositivos asistenciais, aniquilación da Atención Primaria, prima o uso intensivo da tecnoloxía sobre as actividades de promoción da saúde e a prevención da enfermidade, poner en mans da industria privada o coñocemento e a investigación, ...

Compartir el artículo

stats