06 de noviembre de 2017
06.11.2017

Xavier Simón: "Para evitar os lumes temos que ir á raíz: transformar o sistema produtivo rural"

"Os gobernos aínda non se decataron da dimensión do cambio climático e das súas consecuencias para os incendios"

06.11.2017 | 04:12
O economista da Universidade de Vigo Xavier Simón. // FdV

O doutor da Universidade de Vigo Xavier Simón leva anos analizando estratexias a prol dun mundo rural vivo e sostible nos eidos económico e ambiental. Viviu a tráxica vaga do 15 de outubro dende California, onde está a facer unha estadía académica na Universidade de Berkeley. Incide en que a única forma de frear a praga dos incendios é atallar o despoboamento rural, o que só se pode acadar recuperando a conexión das explotacións forestais coas agrarias e gandeiras. Cree que a Xunta carece de vontade política para camiñar nesa liña.

-Os incendios en Galicia, ¿son unha cuestión de orde pública ou hai factores socioeconómicos que inflúen?

-Os grandes incendios forestais non se poden entender de forma aillada. Non poden ser comprendidos fóra do medio rural nin sen ter en conta as conexións que existen entre o mundo rural e o urbano. Son un síntoma dun inadecuado modelo de produción que se impuxo nos últimos 80 anos. Situar o monte como un espazo forestal fóra das explotacións agrarias é a raíz do problema de despoboamento que sufrimos e sen abandono humano e produtivo non existirían os incendios coa dimensión que teñen hoxe en día.

-Se esa é a diagnose, ¿cales serían as solucións?

-Para tentarmos evitar o síntoma dos incendios temos que atacar a raíz do problema: transformar o sistema produtivo rural, considerar a totalidade do sistema agrario, co monte en conexión cos subsistemas agrícola e co gandeiro. Non hai outra estratexia para tentar atenuar os problemas do medio rural, e polo tanto tentar minimizar os incendios. É obvio que hoxe non estamos preparados, a nosa sociedade non é resiliente diante desta praga. E tardaremos algúns anos en estalo, pero debemos comezar o antes posible.

-Un monte produtivo e ben ordeado, ¿é garantía para reducir os incendios? Na área de Vigo hai casos de comunidades ben manexadas pero que tamén resultaron moi afectadas pola vaga.

-En contextos de enorme complexidade, con problemas ambientais globais,sempre haberá incertezas e sempre estará en risco todo o mundo. O que é verdade é que os territorios que están mellor preparados para afrontar incendios salvaxes resisten mellor cos que non o están, e se recuperan antes. Moitas comunidades de propietarios e moitas iniciativas privadas resistiron durante anos as embestidas do lume. Se só hai abandono, se non hai persoas e comunidades, o lume avanzará máis rapidamente e será máis devastador.

-Vostede está nunha estadía académica en California. ¿Hai relación entre os incendios de alí e os de Galicia?

-As raíces dos lumes sempre son as mesmas pero os procesos de resolución deben ser específicos. Por exemplo, en California, Portugal e Galicia hai elementos comúns que explican a virulencia do lume, como a biomasa acumulada nos montes. Esta acumúlase por falta de prácticas preventivas, como a gandaría, pola acumulación de restos forestais e pola non aplicación, onde existen, das imprescindíbeis faixas de seguridade. A ignición é na meirande parte dos casos humana, como causa de inicio, e propulsada posteriormente por diversas especies, como o eucalipto.

-Tras a vaga, houbo críticas ao dispositivo de extinción.

-A Xunta destina moitísimo máis diñeiro á extinción que á prevención,pero o que non podemos é propoñer que se muden as tornas desde o ano un. O sistema de extinción hai que mantelo e incluso reforzalo, corrixindo as eivas que ten. Levarían a unha catástrofe os camiños que se iniciasen para o seu desmantelamento.

-O sector forestal sempre apunta que o minifundismo galego é un obstáculo para unha boa xestión do monte. ¿Está dacordo?

-É normal que apele ao minifundismo, ao igual que apela á presenza de animais nos montes ou á estratexias multifuncionais como mecanismos que impiden o crecemento do seu negocio. Eu creo que os monocultivos deberían estar prohibidos, ou polo menos moi limitados. Diría, máis ben, que é o modelo de explotación intensiva só forestal o que non se adapta ao noso territorio e aos nosos ecosistemas. O que se precisa é conectar a explotación do monte coa produción de alimentos e fibras, e ocio, e benestar, e coa conservación dos recursos naturais. Teño moitas dúbidas de que esta sexa a aposta da Xunta. Por exemplo, a Lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais é un exemplo camiña ao contrario: é posible que cheguen empresas ao rural, pero será expulsando ás persoas.

-Outro argumento habitual para explicar a falta de ordeación do monte é o tipo de propiedade.

-O importante é a responsabilidade que se exerce, ou non, sobre as propiedades. De nada valería unha altísima porcentaxe de propiedade pública do monte se non se executaran estratexias de conservación dos recursos e de prevención de problemas ambientais. As comunidades veciñais de montes en man común manexan auténticos latifundios cuxa responsabilidade de xestión exercen algunhas comunidades, pero non todas. E aquí a Xunta, que manexa miles de hectáreas de superficies comunitarias a través de convenios, aposta polo monocultivo e a lóxica forestalista. Este é o problema. Non sería necesario ningún cambio lexislativo, só vontade política para coverter esas miles de hectáreas en procesos de transformación do sistema produtivo.

-¿O cambio climático obriga a mudar as políticas antiincendios?

-A voracidade dos incendios deste verán non se pode entender sen ter en conta o cambio climático, pero os gobernos aínda non se decataron da súa dimensión e da necesidade de integrar as súas consecuencias nos protocolos de salvagarda dos nosos recursos. O que pasou en Galicia, Asturias e Portugal é un exemplo moi claro: é verdade que o furacán Ofelia podía ter mudado o seu rumbo, pero ante a evidencia da súa traxectoria as medidas preventivas e urxentes de curto prazo non existiron en ningún deses espazos.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Fiestas en Galicia

Polo San Martiño, castañas e viño

Polo San Martiño, castañas e viño

Ourense rinde culto religioso hoy a su patrón y celebra además sus populares magostos

Galicia celebra su tradicional Magosto

Galicia celebra su tradicional Magosto

Cada año se recogen 15 millones de kilos de castañas, este año con más escasez por la falta de...

El "comedor de Galicia" se acerca a las 50.000 raciones tras un primer fin de semana frenético

El "comedor de Galicia" se acerca a las 50.000 raciones tras un primer fin de semana frenético

Aproximadamente 34.000 corresponden exclusivamente a comida, completándose la relación con...

Los comensales del "comedor de Galicia" llegan en su mayoría de Madrid, Pontevedra y Barcelona

Los comensales del "comedor de Galicia" llegan en su mayoría de Madrid, Pontevedra y Barcelona

Portugal, Francia, Italia y Reino Unido encabezan el 'ranking' de visitantes extranjeros en un...

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 

Galicia

Así se regularán los ´coches Uber´ que circulen por Galicia

Así se regularán los ´coches Uber´ que circulen por Galicia

La Xunta podrá fijar un número máximo de licencias distinto al que fija la normativa estatal de un...

Medio Rural pagará este jueves 46 millones de ayudas de la PAC a agricultores y ganaderos

El 73% de los beneficiarios de estas subvenciones ya han cobrado -Servirá para dotar de liquidez a...

La Xunta convocará oposiciones para cubrir 3.400 plazas el próximo año

La Xunta convocará oposiciones para cubrir 3.400 plazas el próximo año

Este ejercicio ya son 1.043 de Educación, 1.600 de Sanidad y 750 de otros servicios -Suman 7.000...

Más de la mitad de los mayores de 75 años se han vacunado ya de la gripe

El grupo más reacio es el que tiene entre 65 y 69 años, con un 31% de inmunizados

Al menos 15 niños inmigrantes no reciben ayudas por la burocracia de la Xunta

El Foro da Inmigración denuncia ante Política Social y Educación las barreras discriminatorias

Suscriptor | Opinión

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Cangas hace un ´Puigdemont´

En Cangas es pionera en muchas cosas. Fue el primer Concello de España en la historia del...

 
 

ANXEL VENCE

La política del chiste de Eugenio

Eugenio, en su día famoso contador de chistes, exageraba su acento...

 
 

Entre ateneo y festín

Y comimos en LaMari. Fastuosamente, sentenció el ilustre Jose María Peláez dándole un...

 
 

ISABEL CALLE SANTOS*

Desarrollar el potencial humano

El potencial humano se refiere a lo que pueden lograr las personas,...

 
 

VANESSA RODRÍGUEZ

Hechos y palabras

Viajar mucho suele abrir la mente pero parece que hay gente que, aunque sea lo único que...

 
 

ISABEL VICENTE

La cruz de la Sardá

Un gesto contra el independentismo

 
 

Sucesos


El atropello de una persona por un tren en Bamio afecta a 3 convoyes

El atropello de una persona por un tren en Bamio afecta a 3 convoyes

Un vecino de Lugo de 76 años fallecía en la mañana de ayer al ser arrollado...

Una transexual denuncia al Sespa por "vejaciones y humillaciones"

Una transexual denuncia al Sespa por "vejaciones y humillaciones"

Critica las preguntas que le hacía una psicóloga de la Unidad de Género, que atentaban "contra mi...

El abogado de tres miembros de ´La Manada´ cree que "se ha desmontado la acusación"

El abogado de tres miembros de ´La Manada´ cree que "se ha desmontado la acusación"

Martínez Becerra dice que en los vídeos no se oye a la joven y que los acusados dicen frases muy...


Sale de prisión en tercer grado la mujer que quemó al violador de su hija

Sale de prisión en tercer grado la mujer que quemó al violador de su hija

María del Carmen García ha sido trasladada de cárcel, a donde solo tendrá que ir a dormir

El abogado de ´La Manada´ niega que la prueba de la foto sea un ataque a la víctima

El abogado de ´La Manada´ niega que la prueba de la foto sea un ataque a la víctima

Agustín Martínez Becerra, abogado de tres de los acusados, dice que guarda "el máximo respeto a la...

Enlaces recomendados: Premios Cine