Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Xoaquín Fernández Leiceaga: "Ofrezo a miña experiencia para reconstruír o PSdeG"

"Tentarei con respecto e diálogo convencer ao PSOE de Vigo de que PSdeG e Vigo non poden ser alleos"

Leiceaga. // Xoán Alvarez

¿Qué diagnóstico hace del PSdeG?

O PSdeG é un partido cunha importante presenza institucional, cunha militancia fiel pero dividida, que funcionou con inercia e sen dirección galega nos últimos tempos.

¿Cuál es su receta para convertir el PSdeG en alternativa al PPdeG?

A receita é unidade interna, traballo coa sociedade, mensaxe unificada desde a esquerda, sólido proxecto galego, defensa orgullosa das nosas políticas e apertura ao pacto.

¿Qué ofrece usted al PSdeG que no ofrezcan los otros dos candidatos a secretario xeral?

Ofrezo o meu empeño en enterrar as divisións, e combinar a reconstrución interna cunha maior presenza social, e experiencia na xestión política.

¿Confrontar o tender puentes con En Marea?

Con En Marea, o PSdeG debe combinar a defensa das nosas posicións coa apertura ao diálogo para construír alternativas estábeis de goberno.

¿Cuál es el mayor mal de Galicia y qué solución le da?

O maior mal de Galicia é a falla de emprego que impide incorporar ás novas xeracións á vida profesional e mantén a demasiada xente no paro. A solución é activar a política industrial, atraer investimentos e impulsar desde a Xunta proxectos relevantes.

Si usted fuese alcalde del PSC en Cataluña, ¿sacaría las urnas el 1-0?

Se fose alcalde en Cataluña, por suposto que non sacarías as urnas. Cumprir a lei é a condición previa para o diálogo político.

¿Qué pasará el 1-O en Cataluña?

O 1-O confrontaranse dous relatos. O do goberno de Rajoy (non houbo referendo) e o dos independentistas (a xente votou pola república). Evidenciarase a falla de política de verdade para resolver os problemas. Agardo que non haxa violencia e que haxa mesura e proporcionalidade na defensa da orde constitucional.

¿Comparte usted con Pedro Sánchez que España es una nación con al menos tres naciones, una de ellas Galicia?

Galicia é unha nacionalidade histórica que está na primeira división das comunidades en respecto á identidade e carga competencial.

¿Qué es el galleguismo para usted?

Galeguismo é un compromiso vital en defensa da cultura propia de Galicia, sen exclusións, e dos intereses de galegas e galegos.

¿Cuál ha sido el mejor líder que ha tenido el PSdeG hasta hoy?

O mellor líder do PSdeG ten sido Emilio Pérez Touriño, que nos levou á Xunta de Galia cun proxecto sólido.

¿Cuál será su primera decisión si gana las elecciones primarias?

Se gaño as primarias, inmediatamente poreime a preparar as eleccións municipais.

¿Qué hará si pierde?

Se perdo, felicitarei ao gañador e poreime á súa disposición.

Valoración de sus dos rivales.

Gonzalo Caballero ten un longo percorrido interno defendendo a participación da militancia e a renovación do partido e Juan Villoslada é un sólido parlamentario que está dando os seus primeiros pasos.

El PSOE de Vigo, la principal ocupación de Galicia, ha optado por la neutralidad. ¿Cómo se ganará su confianza y lo sumará al proyecto, si gana?

Tentarei con respecto e diálogo, convencer de que o PSdeG e Vigo non poden ser alleos.

¿Debe el PSdeG renovar candidatos en las urbes donde no ganó?

O PSdeG de cara as eleccións municipais debe conformar a mellor oferta política posible. Decidirán os militantes se hai que renovar os cabezas de cartel.

¿Era partidario o contrario a que el PSOE se abstuviese en la investidura de Mariano Rajoy?

Inicialmente, na investidura de Mariano Rajoy, era partidario dunha abstención moi condicionada ao cumprimento de puntos básicos do noso programa.

Compartir el artículo

stats