Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Gonzalo Caballero: "A militancia debe impulsar o cambio e non ir a unha prórroga do pasado"

"Os socialistas de Vigo impulsarán a opción máis forte para abrir unha nova etapa e confron tar con Feijóo"

// Xoán Alvarez

¿Qué diagnóstico hace del PSdeG?

O PSdeG-PSOE é un elemento vital da política e sociedade galega pero temos perdido músculo político e somos terceira forza. Dende que perdemos a Xunta, non fomos quen de organizarnos para volver a liderar unha mayoría social de progreso.

¿Cuál es su receta para convertir el PSdeG en alternativa al PPdeG?

O PSdeG necesita un cambio e correspóndenos aos militantes de base impulsar ese cambio. Non podemos optar por unha prórroga do pasado. Temos que abrir un novo ciclo no PSdeG no que se renove o proxecto e incorporemos novos referentes.

¿Qué ofrece usted al PSdeG que no ofrezcan los otros dos candidatos a secretario xeral?

Son un home de partido, con máis de 22 anos de militancia. Loitei contra as políticas conservadoras de Fraga e Feijóo dende o PSdeG. Ofrezo renovación, cambio e compromiso.

¿Confrontar o tender puentes con En Marea?

Somos a esquerda e temos capacidade de diálogo, pero agora hai que cimentar ben as nosas bases e concentrar esforzos na renovación do noso proxecto. Temos capacidade de liderar gobernos de esquerda e debemos aproveitar que o PSOE entrou nun ciclo electoral ascendente en España.

¿Cuál es el mayor mal de Galicia y qué solución le da?

Galicia perde forza económica, peso demográfico, tecido industrial, calidade dos servizos públicos, e os mozos non atopan oportunidades de futuro acordes a súa capacidade e formación. A dereita non ten estratexia en clave de país.

Si usted fuese alcalde del PSC en Cataluña, ¿sacaría las urnas el 1-0?

A escalada independentista sobrepasou cuestións básicas. Dende logo, creo no Estado de Dereito, o que implica o cumprimento da lei.

¿Qué pasará el 1-O en Cataluña?

O 1-0 non pasará nada bo. Será un episodio grave que non pechará a complexidade da situación.

¿Comparte usted con Pedro Sánchez que España es una nación con al menos tres naciones, una de ellas Galicia?

A Constitución española recoñece a Galicia como unha nacionalidade histórica, e se España avanza cara unha reforma na que as nacionalidades históricas pasan a ser nacións, e sen romper a soberanía nacional, Galicia deberá estar no pelotón de saída e garantindo ademais que salga ben parada en termos económicos.

¿Qué es el galleguismo para usted?

Galeguismo é un compromiso con Galicia, a súa identidade e cultura.

¿Cuál ha sido el mejor líder que ha tenido el PSdeG hasta hoy?

Emilio Pérez Touriño foi o secretario xeral que levou ao PSdeG ao goberno de la Xunta e é un referente fundamental. Tamén González Laxe é un referente.

¿Cuál será su primera decisión si gana las elecciones primarias?

Tras as primarias, ven o Congreso do PSdeG, así que haberá que poñerse a traballar no proxecto e nos equipos humanos necesarios para abrir unha nova etapa.

¿Qué hará si pierde?

Se non son secretario xeral, seguirei coa miña vida profesional na Universidade, e seguirei participando e traballando no meu partido.

Valoración de sus dos rivales.

De Leiceaga, a quen coñezo máis e dende hai máis tempo, valoro o seu traballo como voceiro e a súa capacidade. A Villoslada coñecino no último ano, e a miña valoración sobre a súa tarefa parlamentaria é tamién positiva.

El PSOE de Vigo, la principal ocupación de Galicia, ha optado por la neutralidad. ¿Cómo se ganará su confianza y lo sumará al proyecto, si gana?

Son de Vigo e a agrupación socialista local é a miña casa. Estou seguro de que os socialistas vigueses impulsarán a opción que poida ser máis forte para abrir unha nova etapa e confrontar con Feijóo.

¿Debe el PSdeG renovar candidatos en las urbes donde no ganó?

O PSdeG debe renovarse, pero agora debemos concentrarnos no congreso galego. Inmediatamente despois tocará traballar en clave municipal.

¿Era partidario o contrario a que el PSOE se abstuviese en la investidura de Mariano Rajoy?

Rexeitei dende o primeiro momento a abstención a Rajoy, especialmente o ser sen condicións.

Compartir el artículo

stats