07 de mayo de 2017
07.05.2017
Los efectos de la sequía

Virginia Rodríguez: "Débese penalizar aos despilfarradores de auga"

"Hai que ir cara a desprivatización da xestión" - "A auga é un ben cada vez máis escaso e atópase en peor estado de saúde"

07.05.2017 | 08:14
Virginia Rodríguez // FdV

Previr antes ca curar. Para Virginia Rodríguez, presidenta de Adega, o actual déficit hídrico esixe reducir a demanda "de xeito drástico", mellorar as captacións, evitar as fugas, penalizar aos "despilfarradores" e "grandes consumidores" e camiñar cara a desprivatización da xestión da auga.

-Que previsións se manexan sobre o caudal dos ríos galegos para os vindeiros anos?

-Como recolle o informe de Ecologistas en Acción todo apunta a un escenario para 2021 con preto dun 20% menos dos recursos hídricos dispostos a principios dos noventa, a causa do cambio climático, así como un incremento sobre as demandas actuais de arredor do 10%. En concreto, na demarcación Norte as aportacións de auga nos ríos no periodo1940/41-1995/96, con relación a 1996/97 2005/06, diminuíron un 11,3 %. A tendencia é cara unha diminución clara das achegas de auga nos ríos galegos.

-Cando comezaron a percibir que a situación dos caudais fluviais se agravaba?

-Periodos de seca sempre houbo e sempre os haberá, mais na última década a diminución da achega aos ríos é unha realidade. Se a isto se lle suma que nalgúns ríos o estado de saúde non é moi bo, temos unha situación que requirmaior atención. Dende Adega levamos máis de 20 anos facéndolle ver á Administración e á cidadanía a necesidade de facer un uso responsable da auga e demandando melloras no saneamento dos ríos e rías, posto que a realidade é que a agua accesible é cada vez máis escasa e atópase en peor estado de saúde.

-A que atribúe a situación actual na comunidade: cambio climático, escaseza de chuvias, falta de políticas de prevención, despilfarro no consumo..?

-É una situación complexa, onde hai moitas variantes que inciden. Non é unha única causa. Porén, o déficit hídrico poderíase entender como unha das variantes que máis condicionan esta situación. Débese ser proactivo en vez de reactivo e traballar antes de que apareza o problema.

-Que medidas debe tomar con carácter inmediato a Administración para minimizar este déficit?

-Hai que reducir a demanda actual dun xeito drástico.Sería necesario que a Adminstración incrementara a eficiencia no uso da auga alí onde se poida (modernización de regadíos, reutilización de augas residuais depuradas, etc) e fomentara a substitución de cultivos por outros que consuman menos auga. Tamén sería necesario aplicar medidas restrictivas sobre o incremento do consumo no sector urbanístico e turístico na costa.

-A solución pasa por construir máis embalses?

-Dende logo que non. Os ríos do noso país xa están sometidos a unha alta regulación. O esforzo das administracións pasa por facer melloras nas captacións das augas, evitar as fugas que se producen nas redes de saneamento e promover tecnoloxías baseadas na reutilización de aguas que redunden nunha nova cultura da auga.

- Penalízase suficiente o despilfarro?

-O acceso á auga potable é un dereito universal polo que a cidadanía debe ter acceso asequible, e as persoas en risgo de exclusión social gratuíta. Agora ben, é necesario un canon da auga que penalice os despilfarradores e grandes consumidores incluíndo á industria, agricultura e gandeiría que apenas se contempla no actual. Un canon de auga con tarifación por treitos que grave a que máis consume é fundamental, incluíndo ás captacións privadas.Tamén é necesario ir cara a desprivatización na xestión da auga. Non debe estar en mans de multinacionais.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine