Académicos lamentan o triunfo da campaña de acoso dos que só ´buscan o poder´

14.03.2013 | 07:37

Ferrín marchou lanzando unha advertencia,"A RAG está en perigo", e académicos próximos ó xa expresidente, rematado o pleno, se mantiveron firmes en denunciar a campaña de acoso contra o escritor e asegurar que os críticos só "buscan o poder". A crise non está pechada.
Antes nun plenario tenso, polo malestar que provocaron as filtracións sobre "cuestións internas", tomaron a palabra para reclamar a permanencia de Xosé Luís Méndez Ferrín, Manuel Rivas, Darío Xohán Cabana, Xesús Alonso Montero e Luz Pozo Garza, que lograron o respaldo de practicamente todos os membros numerarios. Despois de catro horas de reunión, os académicos mostráronse parcos en palabras, e moi celosos de que non se coñecese o contido das deliberacións internas, algo que minutos antes lle reprocharan ás voces díscolas.
O tesoureiro da RAG, Manuel González González, valorou a dimisión de Ferrín coma "unha gran perda para a Academia e para o país". - considerou "moi triste" que houbera "colaboradores na RAG" na cacería que sufriu. Destaca que "¡deixou aí a vida e a alma, e que se lle pague así?!"
A pesar de que acaba de incorporarse á entidade, Xosé Fernández Ferreiro lembrou que a Real Academia Galega "era unha reunión de amigos, onde todo o mundo se levaba moi ben e só loitaban por Galicia, pero agora buscan o poder?" De todas formas, considera que á RAG non lle virá mal esta polémica, porque "chegou á rúa e forma parte do debate público", polo que está convencido de que á larga "sairá reforzada".
como académico e membro do grupo Brais Pinto, Ferreiro sostén que a dimisión de Ferrín, ó sentirse cuestionado por unha minoría, "ten mérito, nun país onde non dimite ninguén".
"Pedímoslle que continuara como académico, se non quería facelo como presidente, porque a RAG non podía prescindir dunha persoa tan intelixente e cunha obra tan fermosa como a de Ferrín", resume Luz Pozo.
O subsecretario da RAG, Francisco Fernández Rei, recoñeceu que onte "foi un día moi triste, porque Ferrín estaba facendo moi boa xestión. Foi un dos que máis contribuíu á modernización da RAG e a abrila á sociedade". Despois de colaborar con Ferrín durante 23 anos na revista A Trabe de Ouro, confesa que só lle queda o consolo de que "anunciou que seguirá traballando pola Academia dende fora".

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine