farodevigo.es » Galicia
 Noticia anterior   Noticia siguiente 
Texto íntegro de la carta remitida por Zarrías al conselleiro Alfonso Rueda

"Non se pode encubrir a inmovilidade en afirmacións vitimistas"

"Trátase únicamente de axustar o texto á legalidade. Se alguén ten que gañar aquí, esa é Galicia"

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

Estimado Alfonso:
Con ledicia continúo esta intensa relación epistolar, que mantemos nos derradeiros días, tentando dar cumprida resposta aos temas que formulas na túa última carta de onte 9 de marzo.
Voltas a solicitarme un novo documento que reflicta a posición e opinión do Goberno en relación ás discrepancias xurídicas formuladas ante a Lei de Caixas de Aforros de Galicia. Quixera lembrarche que obra no teu poder o Ditame do Consello de Estado núm. 1216/2010, de 4 de febrero que, en 31 folios, ratifica, motiva e razoa as dúbidas de legalidade advertidas polo Goberno en relación con esta lei. Tamén, a demanda na que se formaliza o recurso de inconstitucionalidade que, en 56 folios, explica e motiva o obxecto da nosa discrepancia en cada un dos preceptos cuestionados. Por último, remitinche o pasado día 4 de marzo un documento de síntese, de 3 folios, do tratado nas catro xuntanzas que mantivemos ata o de agora os días 16, 17 (dúas sesión) e o pasado día 23 de febrero. Este último recollía incluso alguna suxerencia a modo de exemplo de redacción alternativa, que non foi tida en consideración nas sucesivas propostas da Xunta de Galicia. A nosa valoración, criterios e suxerencias están neses documentos reflectidos. ¿Qué outro documento queres ou precisas?
Formulada a discrepancia, a Xunta de Galicia pide falar e negociar co Goberno para que se retire o recurso de inconstitucionalidade interposto. Desde o primeiro día abrín as miñas portas ao diálogo e á negociación, atendendo á delegación da Xunta de maneira inmediata, petición do Goberno de Galicia. Polo tanto, a vontade do Goberno de acadar un acordó foi total e absoluta. Fronte a isto atopámonos co inmovilismo da Xunta. Desde o primeiro día sinalei que estamos única e exclusivamente ante una discrepancia xurídica por incumprimento da LORCA, lexislación básica en materia de caixas, que todas as Comunidades Autónomas están obrigadas a respectar. Desde o primeiro día teño advertido que ninguén tentase confundir o debate e facer do mesmo unha controversia política. Creo, sinceramente, que quen insiste en lévalo ao terreo político, está poñendo en evidencia que non ten argumentos xurídicos. Para acadar o objectivo que solicita a Xunta é necesario removeer os obstáculos que motivan a discrepancia xurídica e proceder a súa modificación. Lembrada nalgunha das miñas cartas anteriores cómo a Comunidade de Madrid, fai escasos meses, procedeu a modificar as diferenzas sinaladas na súa lei de Caixas e cómo o Goberno retirou o recurso de inconstitucionalidade interposto. Esta é a nosa disposición, a de acordar e resolver o problema que se nos pediu.
Nesa búsqueda de soluciòns non se trata nin de que uns gañen nin de que outros perdan; trátase única e exclusivamente de axustar o texto á legalidade. Se alguén ten que gañar aquí, esa é Galicia e o seu sistema financiero.
Afirmas na túa carta que "Galicia no puede ni debe aceptar como válido este planteamiento"; supoño que quererás dicir a Xunta de Galicia, pois o Goberno de España tamén é Galicia no cumplimento das función que constitucionalmente ten atribuidas. Neste caso velar polo respecto e cumprimento da lexislación básica en materia de caixas. O noso desexo non é outro que Galicia teña a lei de caixas que queira aprobar o seu Parlamento no exiercizo das competencias que ten recoñecidas no seu Estatuto de Autonomía, pero ésta deberá respectar o disposto na lexislación básica, e que esta norma sirva para o óptimo desenvolvemento desta actividade na Comunidade Autónoma. Cando o Goberno busca garantir a constitucionalidade da lei faino pensando no interese de Galicia e co propósito de que teña a mellor lei de caixas posible.
Se o que se pretende, como se afirma na túa carta, é defender a constitucionalidade da lei recurrida o foro é o equivocado, pois ese non é outro que o Tribunal Constitucional contestando ao recurso interposto. Se se quere a retirada do recurso será imprescindible, non marco negociador que estamos desenvolvendo, superar os obstáculos queo causan. Para elo será necesario formular propostas que modifiquen a redacción dos preceptos cuestionados e non encubrir a inmovilidade en fáciles e simples afirmacións vitimistas, pois éstas, insisto, só evidencian a falta de argumentos e capacidade negociadora negando a petición pola Xunta formulada de querer modificar o cuestionado para que se retire o recurso interposto.
Seguimos dispostos a atopar o acordo. Sumamos ao intercambio de documentación antes detallado, de criterios nas reunión mantidas, os argumentos reflectidos nas cartas remitidas, fórmula que nos ofrece tamén seguridade e precisión tanto no acordado como no que falta por resolver, cun claro aforro de tempo e de gasto para os contribuíntes, máis nestes tempos de obrigada austeridade e contención. Se non hai modificación de postura, volver a repetirnos físicamente por quinta vez os mesmos argumentos que xa nos temos intercambiado en catro reunión carece de sentido. É tempo da precisión e reflexo por escrito da modulación do falado para proceder, no seu caso, ao acordó.
Ben coñeces os tímidos e tenues avances propostos o pasado día 5 de marzo. O primeiro a proposta dunha nova redacción ao artigo 15, á que se engade "previa autorización de los órganos competentes de acuerdo con la normativa vigente", o que segue resultando controvertido pois persigue a toda costa introducir a autorización previa autonómica obxecto de discusión na nosa discrepancia. Tal e como che manifestei verbalmente e por escrito a redacción de esa letra "c" do seguinte tenor: "Cualquier otra medida prevista en la normativa básica del Estado", resolvería o conflicto.
A segunda, a introducción dun novo parágrafo xeral no artigo 37 sobre a representación dos mesmos grupos e na mesma proporción que os representados na Asamblea Xeral, o que resulta axeitado á LORCA, pero a continuación mantense a cuestión controvertida de que só o Parlamento pode ter máis dun representante, o que resulta contradictorio co anterior ou o desnaturaliza, non solucionando o cuestionado, agás que se corrixa evitando esta diferencia.
Non se altera posición nos outros preceptos sen aclararse a mayoría para a fusión no réxime de acordos da Asam blea. Este precepto debera figurar redactado igual que na LORCA contemplándose expresamente a mayoría cualificada necesaria para aprobar una fusión.
O alcance nas autorizacións das dotacións de obras sociais debe aclararse. A fin de atender as esixencias da seguridade xurídica é preciso modificar a norma, sen que se advirta ningunha razón para no facelo.
A realización dunha renovación total dos conselleiros sen respectar que esta sexa parcial non se resolve só coa supresión do termo "totalidad", é necesario que o contido do precepto resposte a esa renovación parcial, correspondendo á Xunta fixar ese criterio de parcialidade que non se cumpre na redacción actual.
A isto habería que engadir una actitude pouco xenerosa, no límite do permitido, nunca no marco do desexable, nos outros seis preceptos nos que existiu acordó.
Temos marxe para acadar o acordo se ese é o voso desexo, tal e como tedes manifestado, mais precisamos que os feitos, as propostas, acompañen de verdade a esa vontade manifestada. Ten a bo seguro que pola miña parte non quedará en realizar cantos esforzos sexan precisos para elo, pero preciso que acompañes as túas declaracións propostas de redacción para modificar a norma na mesma dirección do que demandas, para poder acadar o obxectivo que solicitas.
Quedo á espera da túa proposta de modificación da lei.

COMPARTIR
 
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
 
GALICIA EN IMÁGENES
VIGO
Visto desde el aire
Imágenes de Vigo desde el aire
O MORRAZO
Visto desde el aire
Imágenes de O Morrazo desde el aire
AROUSA
Visto desde el aire
Imágenes de Arousa desde el aire
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009