farodevigo.es » Galicia
 Noticia anterior   Noticia siguiente 
CARA A CARA

¿Hay que cambiar el sistema de pensiones?

Ramiro Oubiña Parracho, Secretario confederal de Finanzas de la CIG; Alberto Sueiro Pastoriza, Diputado, portavoz de Traballo del PPdeG; y Xabier Carro Garrote, Diputado en Cortes por el PSOE dialogan sobre esta cuestión

 06:30  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
De izquierda a derecha, Ramiro Oubiña Parracho, Alberto Sueiro Pastoriza y Xabier Carro Garrote. // Xoán Álvarez
De izquierda a derecha, Ramiro Oubiña Parracho, Alberto Sueiro Pastoriza y Xabier Carro Garrote. // Xoán Álvarez 

El anuncio por parte del Gobierno de un proyecto para modificar el sistema de pensiones que, entre otras medidas, incluiría el retraso de la jubilación obligatoria desde los 65 años actuales a los 67 y la ampliación de la base de cálculo de las pensiones de quince años a veinte, ha provocado una enorme polémica política y fuertes críticas sindicales. Una polémica que, a pesar de las matizaciones posteriores del Ministerio de Trabajo y de la Vicepresidencia económica, no ha hecho más que crecer. Para debatir sobre ello, FARO DE VIGO sentó cara a cara a representantes de diferentes sectores: un diputado en Cortes y ex dirigente de la UXT, el portavoz de empleo del PPdeG y el responsable confederal de Finanzas de la CIG.

JAVIER SÁNCHEZ DE DIOS - SANTIAGO Las intenciones -aparentes: en unas horas se difundieron, se matizaron e incluso se desmintieron- en lo que a posibles cambios en el sistema de pensiones han llevado a la oposición política a la crítica y a los sindicatos a las movilizaciones en contra. ¿Creen ustedes que hay que modificar el sistema vigente?

–Ramiro Oubiña. Eu entendo que o que non se pode é mesturar unha situación de crise que se está a pasar en xeral e que xa parece que xustifica todo, pasando polo déficit, etcétera. Para nós, o tema das pensións non ten nada que ver, son servizos que se financian por canles diferenciadas, e o feito de que a Seguridade Social puidese ter máis ou menos superávit non ten incidencia no déficit orzamentario, senón en aumentar ou disminuír os chamados fondos de reserva, que é outra cousa, esta só importante no tema. Iso hai que telo claro.

–Alberto Sueiro. Tenemos un sistema de pensiones que está instaurado con solidez, tiene un recorrido muy largo y ya no se trata ahora de discutir sobre su existencia y subsistencia probable. Dicho eso quiero añadir que quizá el momento no sea el más adecuado para abrir un debate de esta naturaleza; falta sensibilidad, quizá por los condicionamientos que tiene ahora el Gobierno de tipo financiero y social. Y sobre todo, el momento es confuso por el debate político y los cambios de criterio, lo que resta credibilidad al Gobierno del señor Zapatero.

–Xabier Carro. Quero dicir en primeiro lugar que é moi difícil sacar un tema coma este do marco do debate político. O Pacto de Toledo tentouno pero o que si conseguíu foi darlle estabilidade ao sistema apartándoo dos cambios habituais nos relevos dos gobernos. E ademais engado, fronte a algunhas cousas que se din, que este debate xorde a raíz de que, a instancias doutros Grupos Parlamentarios, a finais de 2009 se elaborou unha resolución do Congreso que insta ao Goberno a clarexar a súa postura sobor deste tema para levala ao Pacto de Toledo.

Muchos han hablado de quiebra inminente del sistema...


–Oubiña.
Imos ver: é importante lembrar que este debate arredor do sistema de pensións, non é novo: os grandes gurús da economía xa teñen advertido coa quebra do sistema da Seguridade Social; nos anos 70 para o ano 2000; logo, nos 90, o 2010, e neste momento estamos a falar -malia que o fondo de reserva ten 64000 millóns de euros, dun problema para 2030, aínda que no ano 2009 houbo un superávit de 8.000 millóns. Hai que falar da realidade, porque o que non vale é facelo sobre hipóteses que xa están descabalgadas porque proceden dos mesmos que xa fallaron antes.

–Sueiro. No coincido con Ramiro en el sentido de que las previsiones realizadas han fracasado. Más bien, al contrario, creo en que esas previsiones que él llamó de gurús son las que han motivado los ajustes que ahora permiten gozar de una salud razonable al sistema de pensiones y que llevaron por ejemplo al Pacto de Toledo que apartó del debate político directo a estos asuntos. Por tanto no creo que hayan fallado los avisos, sino que han llevado a mejoras; para seguir mejorando y afrontando el futuro de sostenibilidad habrá que seguir adaptándose a los tiempos.

–Carro. O debate debe traducirse nas medidas legais oportunas. É certo que o anuncio dun retraso da idade de xubilación provoca interese, pero trátase dunha medida entre bastantes outras en relación co sistema de pensións, pero o Goberno non fai isto por un capricho, senón cumpliendo a resolución do Congreso. A contestación sobor da idade de xubilación terémola no seu momento porque hai que modular un sistema solidario que regula a entrada nun depósito dos recursos que proceden dos que traballan e a saída para atender aos que xa traballaron, e o depósito non pode quedar seco.

¿Hay que llevar la edad de jubilación a los 67 años?

–Xabier Carro. A xubilación aos 67 anos non é a panacea de nada senón unha medida máis das que se poden habilitar para atender á sostenibilidade.

–Oubiña. Teño claro que non está xustificada en absoluto. A ningún nivel, nin económico, ten explicación razoable elevar a idade da xubilación.

–Sueiro. A cuestión non é se 67 ou 65, un máis ou menos. Unha das previsións que habería que abordar é a de non fixar idades absolutas; depende.

El dilema es que o se cambian cosas o el sistema será insostenible en el futuro...

–Oubiña. Convén clarificar algunha cousa; unha, a boa saúde do sistema da Seguridade Social, polo menos ao nivel dos recursos actuais. Pódese dicir que é froito das reformas, pois pode ser, si. Falouse dun depósito de entrada e outro de saída, pero énchese coas cotizacións sociais e non se sabe canto diminuíron e por que Os traballadores non o fixeron e iso está tocando gravemente a caixa da Seguridade Social e non a falacia da demografía. Son os traballadores os que teñen que aguantar todo o sistema, e por enriba co seu sacrificio tamén a súa viabilidade.

–Sueiro
. A ver: un dos debates existentes é sobor da sostenibilidade do sistema, o sistema mesmo e a súa calidade. En canto á viabilidade e á calidade, penso que si, que as sucesivas adaptacións do Pacto de Toledo melloraron a situación, a precisión e a sostenibilidade. E ese debate en torno ás pensións está, dalgún xeito é bo que o estea, sempre aberto, pero tamén digo que quen rebaixaron no seu día as cotizacións e ampliaron o tempo de cotización foron entre outros os traballadores; poden que non foran un tras outro, pero si a traveso dos seus representantes.

–Carro. Hai cousas difíciles de calcular, por exemplo cantos habitantes vai ter España en 2040; cando nós chegamos ao Goberno regularizamos a 700.000 irregulares e introducímolos no sistema, co cal traballaban e cotizaban e contribuían ao depósito da Seguridade Social. Hai políticas demográficas que se poden adoptar, pero o que si sabemos é cantos pensionistas vai haber en 2030, aproximadamente: agora temos 8,6 millóns e en 2020, 10,1, e hai que prever que o sistema nos próximos anos ten que ser viable, porque unha condición de todo razoable.

¿Las cifras de superávit alejan fantasmas?


–Oubiña. É preciso dicir xa dunha vez que hai unha situación de política económica que é un auténtico atentado ao sistema da Seguridade Social porque leva a millóns de parados, e logo a instalarse na comodidade. Iso é un atentado, repito, a base de políticas económicas trabucadas derivadas dunha crise pero que non a provocaron os traballadores malia a que agora se lles quere facer pagala a eles, e tamén ás súas costas adxuntarlle a reforma do sistema de pensións. O sistema de pensións require, por delicado e sensible, outro trato diferente ao que lle dá o Goberno, e o caso do escrito a Bruselas é ridículo.

–Sueiro.
É certo que hai que equilibrar o sistema, e que esa idea de equilibrio é xeral, non se pode illar por sectores. A cuestión agora mesmo é se a saúde, a boa saúde do sistema actual, se pode manter ou non, e efectivamente penso que necesita adaptacións. Hai unha serie de elementos claves, coma o problema demográfico que non é na miña opinión unha falacia e condiciona moitas cousas neste asunto, e o sistema de pensións é unha pata dun conxunto do que se pode chamar política social, e hai que completalo, se ben é certo que o Pacto de Toledo contempla camiños que aínda están por percorrer.

–Carro.
Ditas todas estas cousas que estou a escoitar semella claro que abrir este debate agora non só é responsable, senón un antídoto frente a intentos que se poden dar no propio proceso de diálogo social para rebaixar as cotizacións sociais. E é importante que os cidadáns saiban que hai camiños que non se poden andar. E tamén deben saber que se está estudiando simplificar, recurtar, os incentivos fiscais á creación de emprego porque o número de contratos suxeitos a esa reducción de cotizacións eran demasiados e, sobor de todo, usábanse para o que non era.

El documento del Gobierno es extenso. Y contiene otras ideas, muchas también polémicas...

–Carro. Hai outras medidas, non sei se polémicas, que deben irse modulando. Por exemplo, toda a configuración das pensións de viuvez, que se pensaron para as mulleres que nunha época non traballaban; hai que repensalo, coma o de convivencias breves, etcétera, e hai que falar de mutualidades. En definitiva, o que temos que facer é que o sistema teña capacidade para protexer as situacións de desprotección e para facer iso non se pode atender a situacións que non a necesitan.

– Oubiña.
Imos ver, nós temos que falar das pensións contributivas, e decir que a todos nos interesa a boa saúde do sistema. Pero non todo é unha cuestión contable ou economicista. E hai que dicir que se precisa máis esforzo para mellorar determinadas prestacións, porque non pode ser que hoxendía haxa quen cobre de pensión menos de seiscentos euros. Porque non pode vivir, e iso non é admisible.

–Sueiro. Insisto en que hai que falar de sostenibilidade, e para iso temos que traballar sobre previsións. E ademais temos que falar de diferencias que marcan a realidade, e da situación dos autónomos, e da inxustiza que pode supoñer o cambio no cómputo para as bases de cotización, por exemplo. E iso tamén e realidade, como realidade é falar dos que máis contribúen e que padecen algunhas desigualdades...

COMPARTIR
 
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009