ÚLTIMA HORA
El Concello de Vigo aplaza 24 horas el encendido de las luces de Navidad

¿Será éste un otoño laboral "caliente"...?

Domingo Barros Montáns, Secretario de Formación e Emprego (UXT); Domingo Barros Montáns, Secretario de Formación e Emprego (UXT); Antolín Alcántara Alvarez, Secretario de Negociación Colectiva (CIG) conversan sobre este asunto

 
De izquierda a derecha, Domingo Barros Montáns, Mabel Pérez Simal y Antolín Alcántara Alvarez.  // Jorge Leal
De izquierda a derecha, Domingo Barros Montáns, Mabel Pérez Simal y Antolín Alcántara Alvarez. // Jorge Leal 

Las movilizaciones anunciadas en sectores como el de la educación o la sanidad, junto a las tensiones que aún se viven en el del metal, han provocado una reflexión sobre la posibilidad de que laboralmente hablando éste sea un "otoño caliente". Hipótesis que toma cuerpo de forma especial si se considera que unos mil quinientos convenios colectivos entrarán en la fase de renovación y que los sindicatos acusaron ya a la patronal de una estrategia orientada a paralizar o ralentizar ese proceso de diálogo. Para debatir sobre ello, FARO sentó, cara a cara, a responsables de los tres principales sindicatos gallegos: los empresarios, de momento, esperarán para pronunciarse a ver el desarrollo de los acontecimientos.

JAVIER SÁNCHEZ DE DIOS - SANTIAGO A la espera de que se conozca el IPC del año, parece que las negociaciones de los convenios colectivos pueden complicarse y abocar a sindicatos y patronal a un otoño laboralmente “caliente”. ¿Qué esperan ustedes?

–Domingo Barros. A situación é a que é, non é a mellor, senón máis ben unha das peores posibles, e nós estamos nese intre crucial para todos cando escomenzan a verse en países do noso entorno síntomas de recuperación que aquí non se ven. Eu entendo polo tanto que nos agarda un tempo, un outono, non sei se quente ou frío, porque iso vai verse ao longo das semanas vindeiras en campos de servizos públicos coma a sanidade ou a educación tamén, por exemplo, pero complicado, dende logo que si.

–Mabel Pérez. Dende Comi– sións pensamos que o Goberno está lexislando xa coa famosa Lei de Economía Sostible, que xa se coñecerá polo miúdo, pero vai haber un outono moi quente na liña de que se retome o diálogo social. Dende logo Comisións Obreiras, para retomalo, pon enrriba da mesa como condición indispensable un acordo de negociación colectiva. Un mínimo acordo: é dicir, a patronal, se nos imos retomar a vía do consenso, tén que ser sobre a base de que recunque no que ten dito ata o de agora.

–Antolín Alcántara. A situación xa neste intre o que predí aávista dos acontecementos é que a aposta dos empresarios está tendo relativo éxito na paralización dos convenios. Iso é o que pretendía a patronal alegando coma se fose algo alleo nas súas causas de fondo, a situación de crise xeral. As consecuencias van ser que moitísimos milleiros de traballadores temporais, por exemplo, non van ter actualizacións e van perder cartos. É evidente que iso é algo premeditado, pensado.

–Barros. Falei de complicacións porque en intres coma a negociación colectiva actitudes coma a dos empresarios, a circunstancia económica ou o número crecente de parados, constitúen elementos que semellan indicar que pode haber situacións de confrontacións, sen lugar a dúbidas nas que teñamos que deixar claros cales son os posicionamentos das distintas partes. É certo que hai unha parte da sociedade, representada por unha parte da clase política, ou cecais ao revés, con intereses moi concretos en multiplicar esa mensaxe.

–Mabel Pérez. A patronal está defendendo reformas laborais totalmente regresivas, e un acordo de incremento salarial para os 1500 convenios que neste momento están enriba da mesa. En función da postura patronal, estaríamos dispostos a acordos; se non move posicións, vai ser moi difícil que haxa consenso e habería entón un outono moi quente no que imos pelexar porque hai que recuperar a mobilización dos convenios colectivos e a defensa do máis concreto para os traballadores. Imos volver aí, e teremos outono moi quente, si.

–Alcántara. Os empresarios teñen a estratexia decidida para bloquear a negociación, como xa teño dito, e reducir a capacidade adquisitiva dos salarios, que é a súa aposta nesta crise e que vai moitísimo máis aló. Preténdese ampliar o ámbito da precariedade, facilitar os despedimentos, ampliar as xornadas... e, polo tanto, o reto é moi serio. Non é soamente un problema de futuro para os traballadores e traballadoras, hai xa unha situación de conflito latente e a resposta que se vai dar é, terá que ser, unha resposta dura, consecuente con eses desafíos.

Hay quien critica que los sindicatos apliquen lo de “contra el Gobierno nada, y contra los demás, todo”...

–Barros. Tense falado dunha suposta docilidade sindical coma idea que se está a transmitir, e a UGT di que ese sinalamento existe, existe dende unha determinada perspectiva política, pero nós non somos parvos. O que non se pode neste intre é tirar pedras contra o tellado; sabemos cal é o noso e quen o protexe e quen non. A conflitividade que se pode dar neste outono ten que ir ben dirixida e contra os que envían esas mensaxes falsas.

– Mabel Pérez. Está moi analizado quen provocou a crise, e hai quen lle pon mesmo nomes, cunha política que nos levou a onde estamos. Eles son os responsables: no momento en que a crise se agudiza, todo o mundo recorre á Administración pedindo socorro para que o Estado veña soster a desfeita que fixo o capital. E vemos que os gobernos están acertando, máis ou menos, con medidas cecais algu descoordinadas no español, pero en permanente diálogo cos sindicatos para ver como saímos desta.

–Alcántara. Para entender a evolución do capitalismo nos últimos cincuenta anos hai que lembrar que o oitenta por cento da economía o representaba o capitalismo produtivo, e agora, hoxe, a proporción é á inversa, o oitenta por cento corresponde ao capital financeiro, especulador. Non pode ser que por exemplo Wall Street manexe nunha xornada a cantidade de diñeiro equivalente ao orzamento da UE en todo un ano. Abastecer ese capital non se pode facer sen apoderarse de determinados recursos, basicamente o traballo en concreto os salarios.

–Barros. Eu non creo que a política social do goberno sexa motivadora de ir contra ela. Á parte diso, é falso o que manifestan unha parte dos empresarios, da política ou dos medios que nos sinalan coma se fosemos nós os causantes dos males principais deste país. O que é unha vergoña é que os causantes de grande parte da crise están a saír dela e os que permanecemos somos nós. Para eles a crise está pasando, pero para nós aínda queda o más duro.

–Mabel Pérez. Desta crise só se sae con medidas a curto, medio e longo prazo, e o subsidio é clave, porque hai moita xente que precisa comer todos os días. Certo que é unha medida cortoplacista como se di, pero é básica, e foi un éxito sindical a ampliación da cobertura; agora queremos que sexa un dereito e non unha medida de gracia. O que non pode ser é que dentro desta situación na que tiveron grandes patronais moito que ver, hai quen vai para casa con enormes indemnizacións.

–Alcántara. Vense desenvolvendo duns poucos anos para acá ese proceso e cada vez máis á présa, porque o capitalismo necesita comer permanentemente, acumular, necesita recursos, e neste intre eses recursos saen do salario dos traballadores; precariedade, subcontraración, etcétera, e precarizando e privatizando, cada vez hai menos resistencia. Ese é o conflito deste momento. Non se pode falar en crise de que hai que facer competitivo o sistema cos salarios, porque así non se sae.

La patronal es el objetivo...

– Mabel Pérez. Vemos que a patronal non colabora na procura de saídas da crise. Todos sabemos que hai que facer, pero o que non pode ser é aproveitar as circunstancias para deslocalizar, rebaixar salarios ou recurtar dereitos. Non se trata de ir contra uns e apoiar a outros; trátase de que hai quen axuda e quen non. Hai que actuar con intelixencia e os sindicatos facémolo e a patronal non. Os traballadores vannos esixir que xestionemos o futuro con moita intelixencia. Iso é o que nos van esixir.

–Alcántara. É verdade que na dialéctica histórica os dereitos acádanse pelexando, loitando; non quero pensar nun escenario dunha situación coma a actual gobernando o PP, pero é certo que hai que achacarlle ao PSOE medidas que comparativamente falando son moi descaradas: non se poden discutir axudas en cantidades escandalosamente inferiores ás que se lle deron aos bancos, por exemplo. Un goberno que se di de esquerdas como é o do PSOE, debería na miña opinión ter certa vocación social.

–Barros. Nós estamos a pelexar só contra unha circunstancia: que os empresarios, e os que os representan, están empeñados en que os traballadores temos demasiados dereitos, producimos pouco e cobramos moito. Cando a situación era boa, resulta que os salarios eran demasiado altos e restaban productividade fronte aos dragóns asiaáicos, etcétera; agora resulta que cando a situación é mala hainos que baixar os salarios por non sei que ou non sei canto. E aí soamente nos queda unha solución clara, que é pelexar.

Ya casi nadie habla de refundar el sistema...

–Mabel Pérez. Onde imos marcar pautas para avanzar, non só para non retroceder, é precisamente nesa idea de cambio de sistema. Pero nós temos que estar na batalla do día a día, na da negociación colectiva, e tamén na do sistema; as tres á vez, ese é o problema dos sindicatos, que hai que adicarse ás tres frontes. Esa é unha tarefa inxente. É certo que xa non se fala de cambiar o sistema, pero ao final non vai a quedar outra.

–Barros. O que é evidente é que aqueles que dicían que o mercado o regula todo, e aquel rollo, fracasaron, e desta gateira van a sair con moito menos pelo. O que debemos lembrar os traballadores é que se temos dereitos son por conquistas sindicais, nosas, non dos políticos. Po-lo tanto cando teñamos que pelexar para que todo este fraude que fixeron algúns non volva, farémolo. E se se tenta repetir, que saiban que imos estar aí.

–Alcántara. A loita entre capital e traballo hai que entendela coma unha loita de poderes. Entón, a resolución desta crise pode ir en dúas direccións: recurtando os dereitos dos traballadores, que é o que quere o capitalismo, ou cunha reforma estrutural que abrangue e reforce todo o que teña que ver co público, incluíndo a Banca, a fiscalidade e o reparto da riqueza, dos salarios sociais, etcétera. Esa é a batalla que hai que dar.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya