Cara a cara

¿Cumple sus objetivos la Universidade de Vigo?

Xosé Manuel García Vázquez, Catedrático del campus de Vigo; Xosé Manuel Cid Fernández, profesor del campus de Ourense; y Arturo Maneiro Vila, profesor del campus de Pontevedra dialogan sobre este asunto.

 
De izquierda a derecha, Xosé Manuel García Vázquez, X. Manuel Cid Fernández y Arturo Maneiro Vila  // Xoán Álvarez
De izquierda a derecha, Xosé Manuel García Vázquez, X. Manuel Cid Fernández y Arturo Maneiro Vila // Xoán Álvarez 

JAVIER SÁNCHEZ DE DIOS - SANTIAGO Casi veinte años después de su nacimiento, ¿está equilibrado el sistema universitario gallego actual? Vigo ha reivindicado algunas mejoras, aunque no siempre con éxito...

–X. Manuel García Vázquez.
A conformación, no seu intre, do mapa de titulacións foi a que foi, e iso dalgún xeito seguímolo sufrindo; aínda hai situacións que coñecemos todos e que están aí. Coido que calqueira Universidade galega, e dende logo a de Vigo irao facendo, plantexará as necesidades que socialmente se consideren precisas; hoxendía son de imposible aplicación aqueles criterios de titulacións de fai quince anos. A Universidade de Vigo, insisto, non rexeita competir con outras; o que si queremos é un trato de equidade, competir nas mesmas condicións.

–X. Manuel Cid
. Eu discrepo: coido que hai unha semellanza importante con respecto aos mapas de titulacións que se facían quince anos atrás. Eu pediría que se deixe traballar con criterios de racionalidade ata onde sexa posible, e non seguir caíndo nas presións locais -aínda que todos queiramos ter as nosas instalacións e campus o mellor posible- para pensar sobor de todo no sistema: é tan importante a titulación equis na Coruña coma a zeta de Vigo. Precisamos unha visión global de Galicia, pensar as cousas con mentalidade de país, non de cidade.

–Arturo Maneiro.
La cuestión de si hay equilibrio o no depende de la idea que tengamos de cómo debe ser la universidad en Galicia, de si queremos que sean tres entes distintos o si preferimos que haya interrelación entre ellas. Y si lo que se quiere es interrelación, evitar duplicidades, etcétera, creo que desde un planteamiento racional tendría que optarse porque todo el que quiera estudiar en Galicia lo haga en el campus que pueda. En definitiva, yo creo que necesitamos una nueva y diferente concepción de la universidad.

–G. Vázquez.
De todos os xeitos penso que non ten moito senso replantexar agora o nacimento do sistema, non se sabe que pasaría caso de ter unha soa universidade, aínda que non coido que fose, en termos de servizo público, moi diferente. Penso que a universidade daqueles anos plantexábase como primeira necesidade a de servizo público no ensino superior, que era o que demandaba masivamente a opinión pública, e que a esa demanda se lle deu resposta bastante axeitada nos anos 80 e 90.

–X. M. Cid.
Si, pero insisto no das decisións, sobre titulacións e outros asuntos: deben tomarse despois dos estudos pertinentes co maior consenso e coordinación posibles. En Ourense, por exemplo, a polémica de se Físicas ou Ciencias Ambientais xa xurdíu, e eu diría que é preciso deixarlle facer aos rectores, e que digan cal é a mellor solución. Eso é obxectivable, non opinable, pero xa está a opinar todo o mundo, co cal existe un condicionante social que moi pouco ten que ver con criterios académicos, universitarios.

–Maneiro.
Es preciso tener en cuenta, no olvidar, que ahora entramos en un esquema nuevo, que es Bolonia, que nos impone un modelo que no se puede aplicar. Por tanto, más que pensar en cosas concretas, lo que hay que hacer es determinar qué modelo queremos, y para eso habría que empezar por sentarse para determinar cuál de los posibles es soportable económicamente, no para recortar, sino para facilitar el equilibrio. Por tanto, antes de soltar o exigir dinero por todas partes, vamos a pensar y no tirar cada uno para sí, que es aquí el gran drama.

¿La Universidade de Vigo es la que pensaban que iba a ser?


–G. Vázquez
. Penso que estamos no camiño de sermos o que desexamos. Dende logo o percorrido da Universidade de Vigo nestes vinte anos é espectacular en todos os sentidos, o que pasa é que tampouco podemos, nin debemos, ser conformistas. Hai moito que facer e estamos no camiño de facelo.

–X. M. Cid.
Eu tamén coido que o balance é positivo, porque partiamos dunha situación bastante precaria, mesmo ás veces pensas como é posible que se crearan estas universidades e estes campus. Hoxe calqueira che diría que a Universidade de Vigo fixo en vinte anos o que outras en varios séculos.

–Maneiro.
Estoy de acuerdo y quiero añadir otro dato: que la Universidade de Vigo ha contribuído de forma decisiva al desarrollo de las ciudades a través de los campus, especialmente de los de Pontevedra y Ourense, más integrados que el de Vigo en lo que es el corazón de la ciudad misma.

Se ha destacado ese papel “ciudadano” como clave.


–X. M. Cid.
Eu creo que a creazón das tres universidades foi un achegamento á sociedade moi importante. E o é pola propia aparición dos campus, que hoxe son lugares de referencia aos que acode moita xente, e a súa presenza dentro da cidade, coma en Ourense, potencia a relación coa sociedade. E penso que, como pasa coas Administracións locais, ao estar máis preto da poboación, axuda a esa integración, que é recíproca. A aproximación á sociedade foi espectacular; hoxe é da cidade, un servizo público para todos.

–G. Vázquez.
Agora o máis importante para min é, non tanto o papel lo que se chama “vida cidadán”, para a que o campus de Vigo está en desventaxa, senón que a Universidade ten que ser, ademáis dese servizo público de docencia ou centro clave para a investigación, e mesmo que estea presente como motor de desenvolvemento económico e iso que se dá en chamar a “terceira misión da Universidade”, que é a transferencia de coñecemento.

–Maneiro
. Insisto en que el campus de Pontevedra ha experimentado en estos años un gran incremento de instalaciones y le ha dado bastante vida a lo que es la ciudad. Dicho eso, creo también que no tiene, el campus de Pontevedra, la relevancia que debería tener, que no somos suficientemente considerados en la ciudad, quizá por tener un río por medio; creo que debería integrarse más, pero el esfuerzo no ha de ser solamente dela Universidade, sino también de la ciudadanía y de las instituciones locales.

–G. Vázquez.
Pode ser. Dende logo penso que no conxunto da Universidade de Vigo estamos cumprindo con creces ese novo papel de transferencia de coñecementos, e os datos están aí aínda que ésta é unha carreira de fondo e queda moito. Pero o cambio de obxectivos estratéxicos, a Universidade de Vigo o ten claro e está apostando por el na boa dirección, incluíndo as titulacións.

–X. M. Cid.
Na boa dirección pode ser, pero convén non esquecer os sesgos localistas, que non axudan moito. E non querería esquencer o tema do financiamento, porque hai que meditalo dende toda a sociedade galega e, por suposto, dende a Xunta. É preciso na miña opinión dar máis confianza, porque cando se fala de restrinxir os cartos semella como que se desconfía de que sexamos capaces na Universidade de administrala ben.

–Maneiro.
Yo creo que el problema que se plantea de fondo es si puede Galicia seguir manteniendo los niveles de inversión en las tres universidades o no puede. Esa es la clave real, ya que cada vez se reclaman más presupuestos, más dinero y hay que preguntarse si existe capacidad para mantener ese nivel, y no sólo en momentos como estos de crisis. Mi experiencia como profesor es la de que estamos mal pagados, y esto hace que los profesionales no encuentren incentivos suficientes para aportar lo que querrían.

No se ha logrado, parece, crear un ambiente universitario que algunos creen importante.


–Maneiro.
Creo que en la Universidade de Vigo, y en esa perspectiva, se da una circunstancia que afecta a este asunto que se plantea. El campus de Ourense está plenamente integrado en la ciudad; el de Pontevedra ya dije que tiene una especie de frontera, que es el río, y eso lo aleja; y en cuanto al de Vigo, que es una inmensidad, para nada se integra en la ciudad, no crea ambiente universitario. Me parece que necesita trabajar más para ser una ciudad universitaria. Porque a la hora de enfocar estas cosas es preciso tener también en cuenta lo que antes se llamaba modus, y no campus, y que no es folclore ni frivolidad, sino algo fundamental para la función universitaria.

–G. Vázquez
É evidente que o campus de Vigo está onde está; o que vimos facendo dende hai moitos anos é aproveitar as potencialidades que ten ese campus e tentar eludir esas desvantaxes evidentes. É certo que a distancia é clave para a animación cultural e a presenza; de todos os xeitos penso que a Universidade en Vigo, hoxe, ten un recoñecemento e unha influencia na vida sociocultural e económica de Vigo impensable hai vinte anos. Esta Universidade facturou no último ano en contratos con empresas once millóns de euros, fundamentalmente en Vigo. E iso é a demostración clara de que a cidade está aí xogando un papel clave na Universidade, e viceversa.

–X.M. Cid
. Poderíanse facer moitas reflexións ao respecto, pero eu quero suliñar tamén que os localismos exacerbados dende o primeiro momento provocaron desafeccións. E, á parte, os alcaldes non viron a Universidade coma outra cousa que logros políticos, unha sorte de éxito para eles ou para os seus partidos, e por iso seguramente non plantexaron nin dinamizaron a construción de residencias universitarias, que tamén lle dan, e moito, ese ambiente, ese modus do que se fala. E creouse, ou reforzouse, unha sensación nos estudiantes de que na primeira oportunidade había que pasar o tempo libre na propia casa, outro factor de desafección. E iso é importante, aínda que se estea a correxir nos últimos tempos.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya