Patrimonio natural

O que din as altas copas

A Xunta ten catalogados 126 exemplares de árbores senlleiros, moitos deles protagonistas de feitos históricos

 23:59  
Uno de los ejemplares que podemos encontrar por Galicia
Uno de los ejemplares que podemos encontrar por Galicia 

Se as árbores falasen, como propuxo Eduardo Pondal no himno galego, contarían historias dignas de escoitar. Desde a custosa construción da Armada Invencible no século XVI até o cuestionado descubrimento de Nova Zelanda. Do abuso dos señores feudais no medievo á censura botánica da Igrexa. Dos pensamentos máis íntimos de Rosalía de Castro ou do rexurdimento dunha especie que se cría perdida. En Galicia hai moitas árbores que son senlleiras, non tanto pola súa idade ou o seu porte, senón pola súa historia e pola historia dos que as plantaron, os que as descubriron ou os que impediron que se talaran.

P. MERA - A CORUÑA A Xunta recoñece 128, os científicos galegos teñen rexistrado uns 500 e un último estudo fala dun milleiro. Á marxe do número, o certo é que Galicia está chea de árbores senlleiras ou singulares, e non só polo seu tamaño ou idade. Árbores "que polas súas características extraordinarias ou destacables (tamaño, idade, signifación histórica ou cultural, rareza, beleza, etc.) son consideradas reliquias botánicas obxecto de respecto veciñal e con valor científico, cultural, didáctico, paisaxístico ou ornamental". Así define a Consellería de Medio Ambiente os 128 exemplares de toda Galicia que inclúe no seu catálogo oficial de "árbores senlleiras".

As árbores e arbustos incluídos na lista de Medio Ambiente, entre eles, 49 exemplares situados na provincia da Coruña, teñen unha protección especial da Xunta, que pode financiar a súa recuperación ou os tratamentos contra enfermidades, por exemplo, para garantir a súa conservación. Nos últimos meses os técnicos da Xunta atenderon varias solicitudes de particulares e institucións para que incluíran algúns exemplares na lista oficial. Así, logo de medir e estudar en detalle os exemplares, está previsto que nos próximos meses un comité aprobe a súa inclusión no catálogo de árbores senlleiras.

Pero o patrimonio arbóreo de Galicia é moito máis ca iso. Un grupo de investigadores da Universidade de Santiago de Compostela, liderados por Antonio Regueiro, determinou que o número de árbores galegas que son singulares pola súa idade ou outras características supera o milleiro, duplicando así outros estudos anteriores que cifraban en aproximadamente 500 os exemplares centenarios, exóticos ou extraordinariamente grandes existentes en toda a comunidade, á marxe das catalogacións oficiais. Visitaron "centos de xardíns, públicos e privados, pastos e montes" e seguiron as indicacións de veciños, grupos ecoloxistas ou gardas forestais, os grandes coñecedores do patrimonio arbóreo. E non só na busca do exemplar máis grande nin o máis vello, senón que tamén investigaron as árbores "senlleiras" pola súa propia historia da plantación ou do lugar do que chegou a especie.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya