La legislatura que comienza tiene al menos dos característticas: que todos los Grupos Parlamentarios pasaron ya por el gobierno y la oposición y que se desarrollará en un estrecho margen de votaciones; igual que en la anterior, pero al revés. ¿Cómo creen que se va a desarrollar?

-Manuel Ruiz Rivas. Dende a miña experiencia diría que ao final vai pasar algo moi semellante ao que sucedeu noutras lexislaturas. Talvez esta, a octava, veña especialmente marcada por un principio máis convulso. Por que? Pois basicamente pola circunstancia derivada da situación das dúas forzas políticas que ata o de agora formaban goberno, e producirá un período onde si van estar cómodas no seu labor de oposición pura e dura. En todo caso, esta estratexia acaso sexa máis definida cando celebren os seus respectivos congresos. E despois penso que as cousas irán normalizándose para acabar coma todas, cun goberno que terá que buscar amplios consensos nun contexto económico que o require, que require tamén unha análise do que foi a votación do primeiro de marzal, dado que case o mesmo número de persoas que votaron ao PP respaldaron á oposición.

-X. Fernández Leiceaga. O que está a pedirnos o portavoz do PP Ruiz Rivas é que nos comportemos nós como non se comportaron eles cando eran oposición, pero bueno, xa se verá. Quero facer dúas observacións: unha, que remata un ciclo político longo, que comezou nos primeiros anos oitenta, anos de hexemonía conservadora moi clara, e nos que os non conservadores estiveran fóra do goberno cunha moi curta excepción. Entramos noutro ciclo político talvez longo, o que non quere dicir que vaia estar moito tempo o PP no poder, senón que hai outras claves. Para min, esas son dúas: incorpóranse aos postos de dirección unha xeración nova e polo tanto unha nova perspectiva, e ademais xa tódolos Grupos estiveron no goberno e polo tanto normalízase a vida política galega. E ademais os resultados están máis apretados ca nunca: co dato de que a oposición ten máis votos, sumados, có goberno.

-Pablo González Mariñas. Non sei se confundo o desexo co que vai ser realidade, pero levamos toda a lexislatura pasada dicindo que aquilo, o Parlamento, tiña que ser o centro da vida política galega e sería realmente moi dexesable dende o meu punto de vista que fose así, sobre todo polas circunstancias que está a vivir o país. Pero todos sabemos como funciona un Parlamento racionalizado, que comporta a primacía do goberno, e polo tanto vai ser complicado que se fagan grandes debates porque ademais tamén hai unha primacía dos partidos por enriba dos Grupos Parlamentarios. Non son moi optimista, pero gustaríame que fora doutro xeito. Iso á parte, esta vai ser unha lexislatura moi marcada pola economía, que practicamente vai ser un tema monográfico, porque os datos son aterradores, especialmente os do paro, e naturalmente dende o Goberno galego haberá que apurar todas as súas posibilidades.

Porque esa, la crisis económica, por supuesto, es una de las claves...

-Ruiz Rivas. Pois efectivamente, unha das claves estará na actitude da oposición. Eu espero que a oposición acabe tendo un papel básico na normalización parlamentaria e esta vez si sexamos capaces de sacar adiante temas importantes. Bueno, eu creo que a posición do novo goberno é forte, sólida e ademais apoiada polos votos, non somentes na xente que máis plenamente incide nas políticas galegas, que somos os que directamente vivimos dentro da nosa xeografía, e aí o PP ten a maioría dos votos por enriba das sumas das outras formacións políticas. Quero matizarlo porque é a realidade, a verdade, xa que se ten dito que o PP ten menos votos que os outros dous grupos. A aritmética e a política ás veces van por camiños distintos, e poderiamos falar do voto emigrante, aínda que penso que é outro debate.

-F. Leiceaga. Outra das características desta oitava lexislatura é, evidentemente, a crise económica, que é unha urxencia social, pero ao mesmo tempo unha oportunidade para modernizar o país. Nestas circunstancias nós imos facer un esforzo para chegar a acordos, os que o país necesite en varios ámbitos: economía, control do Goberno, infraestructuras e todos os que necesiten impulso. Pero imos esixirlle ao Goberno que tome a iniciativa e nos diga que quere facer, porque unha das características destas eleccións foi que o Partido Popular non tiña un “Plan A”. Ruiz Rivas di que nós non tiñamos “Plan B”, pero o deles é peor. E iso vai definir a primeira parte da lexislatura. Que o PP debe dicirnos cales son os seus plans. E terá que facelo de xeito convinte, lembrando as cousas que dicía aquí, e as que di en Madrid.

-G. Mariñas. Sen dúbida ningunha, insisto, vai a obrigar, polo crítico da situación, a unha certa política de pactos e haberá que ser xenerosos. Aparte, a mín gustaríame que se abordase a cuestión do territorio, que é a grande materia pendente, e non soaente pola propia estructura do país senón porque ten unha repercusión económica tamén. A configuración que temos é insostible, e debería haber un pacto para correxilo. E tamén nos servicios sociais. O Goberno saínte fixo un labor importante que debe convertirse nunha realidade consolidada. Sería lamentable que retrocedesemos niso, fundamental para Galicia. En fin, vai a ser unha lexislatura dura, porque hai varios conselleiros nos bancos da oposición, o que implica mellor coñecemento das cousas, dos detalles, e polo tanto máis dificutades para o Goberno.

Se ha hablado de que la situación podría situar al poder legislativo en un plano inferior al del poder ejecutivo.

-G. Mariñas. Ese, efectivamente, é un risco enorme, insisto. Agora mesmo a primacía dos parlamentos xa é moi dubidosa, cos seus sistemas racionalizados ata o extremo. Pero non cabe dúbida de que, cunha crise como a que hai, o protagonismo do Goberno vai ser enorme, e os deputados da oposición van ter que facer un esforzo inmenso porque vaise tentar o de “pouco debate, compartir ideas clariñas, e adiante”. E iso é perigoso. A experiencia que temos dos mandatos do PP sobre o peso parlamentario é realmente moi negativa nese senso, non quero xa falar daquela frase de “Parlamento de cartón”, pero as propias comparecencias do presidente Fraga, tan limitadas, e aquela oposición case que silenciosa, non fai pensar nada positivoprecisamente, aínda que ogallá non pase iso.

-F. Leiceaga. Penso que podería dicirse que os papeis están un pouco invertidos. Na situación de crise económica profunda e duradeira na que nos atopamos, Galicia está un pouco mellor, o paro non vai a ser tan terrible como en outras comunidades e iso da un pouco máis de estabilidade. Pero nesta situación creo que vai a haber, sí, unha tendencia por parte do Executivo, que é a de socializar as dificultades, non concentralas, porque iso sería situarse na primeira liña e con escasas posibilidades de éxito. Se traslada ao Parlamento as medidas e incorpora, ou trata de incorporar a outros grupos en apoio de medidas a veces durísimas, iso lle permitirá amortiguar os efectos políticos da crise.

-Ruiz Rivas. Eu coincido en que é o Goberno o que ten que liderar a loita contra a crise, aínda que agora falen dela os que antes a negaron, unha negativa que obxectivamente agravouna, pero diso xa se ten dito moito. Tamén é importante saber diferenciar que hai asuntos extraparlamentarios, digamos, que son parte da tarefa do Goberno e que deben ser consensuados cos axentes sociais, ademáis dos acordos parlamentarios. Alberto Núñez reuniuse xa con eses axentes e o fará a partir de que tome posesión.

Se han referido a otros asuntos que pueden ocupar lugar preferente en los debates de los años próximos. ¿Cuáles?

-G. Mariñas. Para acadar a recuperación do papel do Parlamento, o interese cara os seus debates, sería

especialmente útil unha reforma do Regulamento, que é un dos obxetivos se se pretende en serio modificar os métodos e polo tanto tamén os resultados, na miña opinión. Non se fixo na sétima lexislatura a pesar da súa obvia necesidade e xa se verá se se fai nesta oitava, aínda que hai un dato: o PP a leva no seu programa electoral. A ver como desenvolve as súas intencións.

-F. Leiceaga. Pois dende a miña opinión un dos elementos centrais, e penso que iso o vai a facer o PP, é posicionarnos conxuntamente respecto ao Goberno de Zapatero, aínda que somos grupos diferentes. Pero iso é tamén lóxico porque hai problemas que dependen do Estado, e mellor que vaiamos xuntos. Todo iso debería o PP trasladalo ao Parlamento; ten toda a lexitimidade i escanos bastantes, pero tamén dividida á poboación. Outras vías son posibles, pero teñen moitos riscos, o primeiro de todos eles o da conflictividade social.

-Ruiz Rivas. O papel do Parlamento ten que ser esencial, porque é o terreo onde máis fácilmente podemos buscar un entendemento. Penso que sería un erro nestes momentos tentar liderar en solitario a saída da crise para quedar como os únicos salvadores deste país. Se a circunstancia demostra algo é que hai cuestións que van a trascender a propia crise. Estamos a falar, efectivamente, do territorio, da financiación autonómica, dunha serie de cuestións nas que o Parlamento ten que ser o eixo central do diálogo e dos acordos, e polo tanto instrumento básico da política integral.