Desde que el presidente Rodríguez Zapatero habló de fusiones, y a raíz de los procesos en varias comunidades, la cuestión de una remodelación del mapa financiero gallego está en la calle. ¿Hace falta?

-Xesús Veiga. Nestes tempos nos que todo sube e todo baixa na economía financeira con acontecimentos que ocorren a enorme velocidade, é aventurado facer pronósticos. Eu non me atrevo ao profético, pero si digo que se se insiste na necesidade de abrir un proceso de reflexión, e mesmo de consideración, de cambiar as regras de xogo no mundo financeiro internacional, non sei por que aquí iamos ser distintos, cando non temos xogado tampouco con outras regras: eran as mesmas e, polo tanto, si coido que deberiamos acompañar esa reflexión xeral con outra concreta que teña que ver co noso sistema financeiro, máxime cando no caso galego as dúas caixas teñen un moi relevante peso.

-Manuel Castro. Estamos en un momento en el que es necesario aumentar la competitividad de las entidades financieras, y en España existe un número muy elevado, tanto en el sector bancario, donde hay más de trescientas, como el de cajas, pese a un proceso de concentración en el que estamos tras la entrada de España en la UE. Por ello, en un momento de desaceleración económica tan serio como el actual, es necesario abrir una reflexión sobre si hay o no que reestructurar el sistema bancario, como están en varias autonomías. Creo que sí hay que reflexionar sobre si aquí, efectivamente, y como dijo Xesús Veiga, sería necesario o no enfrentarnos a la reestructuración del mapa financiero.

-Santiago Lago. Eu non vou discrepar dos meus compañeiros. Hai fusións basicamente por dúas razóns; unha, porque cando hai problemas, quen os ten é absorbido por outro en mellor situación; segunda, porque as vantaxes de incrementar o tamaño son claras; nese senso hai coarenta e seis caixas en España, e en Galicia temos a sexta e a duodécima, e polo tanto esta é unha das comunidades autónomas españolas onde a oferta está xa máis concentrada. Agora mesmo semella que o tamaño pode ser clave, aínda que non ten por que ser o único valor e iso vai pode impulsar as fusións en España. En canto a Galicia non hai urxencia de abrir ese proceso, serán outros os que teñan que facer máis deberes.

La cuestión no parece ser sólo financiera. En Galicia podría complicarse con factores territoriales, por ejemplo...

-Veiga. Creo que ese condicionante territorial pertence á historia das caixas galegas, está na súa biografía porque naceron moi conectadas con aspectos locais, pero iso forma parte do pasado; na miña opinión non debería condicionar nin o presente nin o futuro. Esas caixas que naceron así adquiriron unha significación económica relevante que vai máis aló da súa orixe, e están presentes xa non só en Galicia, senón en España e no mundo. Son criaturas bastante adultas sobor das que non deberiamos proxectar pantasmas locais ou localistas; a realidade obriga ás caixas, máis que ningunha outra entidade financeira, a estaren conectadas co seu territorio de referencia, que non é o do seu nacimento, senón o de Galicia. O enfoque debería ser ese, e o outro é caduco.

-Castro. As caixas de aforro non se sabe moi ben o que son, porque ao non ter capital, accións, coma os bancos, son outra cousa. Á luz dunha sentencia do Tribunal Constitucional poden asemelllarse a unhas fundacións. Hai matices, podería interpretarse de xeitos distintos, pero pódese telas por fundacións, e ademais moi identificadas co territorio onde teñen a súa sé central, e ese compromiso controbúe a destacar un factor de territorialidade. Pero cando falamos de obter un produto maior hai que deixar á marxe tamén as cuestións territoriais. Unha fusión das dúas caixas galegas, cos meus datos, significaría para a resultante a terceira praza do ránking, se manexamos os últimos resultados obtidos, e con outros parámetros, a cuarta.

-Lago. Coincido co profesor Veiga en que realmente as dúas caixas xa son galegas, e aínda máis aló, o que dá unha idea de que as conexións locais son cada día menos obvias. Pero nunha hipotética fusión a min non me parece tan grave nin preocupante o factor territorial, hai solucións: podemos levar a unha parte de Galicia a sé da fundación, a outra a corporación financeira, a outra, as oficinas centrais, etcétera. Hai solucións, insisto, aínda que os aspectos locais poden xogar, e habería que facelo con habilidade. A min preocuparíame moito máis, falando do territorio, o caso de que unha hipotética fusión non se fixese entre as caixas galegas, senón que viñese unha de fóra e que absorbese as nosas e que a sé marchase para un lugar diferente de Galicia.

-Veiga. É certo que as caixas non son bancos, non son propiedade de accionistas, son entidades que legalmente están baixo a tutela da Xunta -ollo: da Xunta, non de Deputacións ou Concellos-, e a Xunta é o que é, un plano de goberno para todo o territorio, as caixas. As fusións das que podemos falar hoxe son diferentes porque unha cousa é evitar que caigan en mans alleas, e aí defendería a fusión, e outra é relacionala coa crise. Creo que debemos falar en relación á conxuntura na que estamos: se é para afrontar o que está a caer e reforzar a entidade semipública que temos, pagaría a pena, mesmo cos problemas colaterais sinalados.

-Castro. Unha fusión é convinte ou non o é? Pois depende de onde e como se mire. Dende o punto de vista económico, unha caixa de maior dimensión acadaría economías de escala, que son moi importantes no mundo financeiro e da actividade en xeral, e contribuirían a unha maior eficiencia e produtividade do conxunto dun país, e polo tanto unha substancialmente maior competitividade nun momento delicado, precisamente cando hai dificultades para obteren recursos. Nestes momentos aquí aparece o tema político;_hai iniciativas noutros niveis, e o presidente do Goberno cando falou disto abríu a caixa dos tronos.

-Lago. Insisto en que una absorción por unha caixa de fóra sería, si, un problema, entre outras razóns porque a obra social é determinante para partes claves do territorio. En canto ás vantaxes de tamaño, habería que estudialas moi polo miúdo; podería haber máis ganancias, pero é tamén posible que a fusión tivese custos laborais, emprego, etcétera, moi severos, sobor de todo nalgúns territorios galegos. E hai outro aspecto: a competencia, cunha caixa ou con dúas, como agora. Hai, de entrada, beneficios potenciais en economía de escala, si, pero habería que calcular os custos. En economía hai que botar moi ben as contas, en definitiva.

Y además está la vertiente política. Quién controlaría ese esquema financiero...

-Veiga. Constato que nos ultimos quince anos, ata que chegamos a esta crise -que no caso galego coincide coa primeira lexislatura dun novo goberno- houbo diferencias entre os partidos, pero non foron tanto sobre a eventual fusión -nunca dixeron claramente que si, algúns que non, e houbo quen dixo que depende- como sobre cal debía ser a relación, a complicidade entre o poder político galego e as caixas, e a estrutura interna delas para cumprir máis axeitadamente coa súa función: aí estiveron as diferencias. E constato outra cousa: aquí e fóra de aquí hai unha tentación case constante do poder político por controlar as caixas, e aí está Esperanza Aguirre, tan liberal ela; é unha tentación da cal os poderes políticos deberían substraerse, aínda que non para colocarse como simples espectadores. Creo que se debe facer unha mellora da actual lexislación.

-Castro. Procesos de fusión ha habido muchos, con dos datos significativos, la preocupación por la reducción de los costes de intermediación y los intentos apoyados, e incluso auspiciados, por autoridades monetarias y por los gobiernos estatal y atutonómico; esto se intensifica y seguro que en el futuro veremos nuevas fusiones y está bien que se hable de sus ventajas e inconvenientes. He de decir_que la regulación ha sido intensa en los últimos años, buscando mayor profesionalización en los órganos rectores, pero no están exentos de influencias políticas, y lo vemos en Castilla-León, el Pais Vasco o en Andalucía. En cuanto a los aspectos técnicos, se procuró que las cajas sean cada vez más transparentes, con cuotas participativas o holdings cotizados. Pero hay que regular mejor para que existan instrumentos preventivos para evitar interferencias políticas e incluso lograr que los políticos impulsen cajas mejor gestionadas.

-Lago. Tense falado dunha nova Lei de Caixas: penso que é posible facer unha modificación da actual, ou unha totalmente nova. Depende do que se queira, pero é moi importante que haxa un consenso de todas as forzas políticas galegas para levar adiante os cambios normativos. Non sería bo andar xogando con maiorías escasas: busquemos ata onde poidamos chegar, e optemos. Órganos rectores? Ten que haber unha modificacion moi substancial, ten que entrar a dimensión autonómica a costa da dimensión local, que fai tempo que quedou atrás. Pero esta entrada debe ser dende a pespectiva do lexislativo, do Parlamento, non do executivo. E eu creo que non debemos ver unha perspectiva negativa do político, nunha democracia os políticos son os representantes dos cidadáns, en definitiva, e polo tanto somos todos nós. Iso si, haberá que estudiar polo miúdo as fórmulas máis convintes, pero a clave é o lexislativo.