Ricardo Varela é o home que manexa o aparato do PSOE galego. É o número dous e toda parece indicar que o seguirá sendo, ainda que el di que está a disposición de encaixar no sitio que sexa.

- O debate de quen vai estar na dirección anula o das ideas?

- Son debates que sempre van en paralelo.

- Sairá o partido reforzado pase o que pase?

- Sí, seguro, porque o partido chega ao congreso máis forte que hai catro anos: con máis afiliados, máis agrupacións locais, máis alcaldes, máis representación autonómica... Este é o congreso da consolidación do proxecto do PSdeG-PSOE.

- Ese maior peso institucional fai que sexa máis difícil repartir os postos na Executiva?

- Indudablemente temos sobreoferta de compañeiros preparados para estar na dirección, e iso fai que a selección sexa máis dificultosa. Hai moitos compañeiros capacitados.

- O principal problema son as cuotas territoriais?

- O congreso do PSdeG non é de cuotas, aínda que a xente nace e vive nalgún sitio. É un congreso de escoller as mellores capacidades e as mellores disponibilidades.

- A estructura do partido é mellorable?

-Na vida todo é mellorable, e este partido aspira a facelo. Queremos ser a forza preferente e queremos mellorar máis. Queremos ser un partido que chegue con máis facilidade aos cidadáns nas súas mensaxes, que posicione os seus plantexamentos con claridade, máis afiliación, máis presenza nos municipios...

- Entón en que falla?

- Non falla nada, pero a estructura sempre se pode reforzar máis e mellorar. A mellor evidencia de que non falla é que o PSdeG é a federación de España que máis medrou nos últimos catro anos.

- Esa critica dos militantes de que se solapa a labor da Xunta coa do partido, non perxudica?

- Non, non. Qué militantes? Houbo algunha consideración nese sentido dun grupo de 9 militantes sobre 500, e iso é o que representan. Respeto todas as opinións, pero este partido é hoxe máis forte, moi pegado á militancia, e ten dúas funcións con respecto ao Goberno: nutrilo de propostas e ideas e ser voceiro das actuacións do propio Goberno.

- Nutre de ideas pero non de todos os cargos, outra queixa.

- O Goberno, aquí e en calquera lado, non é constituido exclusivamente por militantes. Hai xente do entorno do partido, que tamén enriquece ao Goberno. Pero a base é o propio partido, o presidente e a maioría dos cargos, aínda que estamos sempre abertos a incorporacións.

- Cantos formarán ese núcleo duro que terá a executiva?

- O que terá será unha comisión permanente da propia executiva, que trate con máis frecuencia os asuntos do día a día, para que na propia executiva queden residenciados máis os debates de carácter político e nesa comisión máis as cuestións de carácter operativo.

- O número tres será unha muller, por imitación ao modelo de Ferraz?

- O que lle podo dicir é que o número un será Touriño.

- Todo está a expensas do que diga o secretario xeral ou deixáse aconsellar?

- É o noso modelo: o modelo congresual di que no primeiro día se elixe o secretario xeral e se lle solicita que propoña unha dirección, que é o que se fai o segundo día do Congreso.

- É unha decisión persoal?

- É unha proposta persoal, pero lóxicamente o secretario xeral escoita e consensúa coa organización a mellor proposta para a organización. É unha proposta feita polo secretario xeral despois de escoitar á organización.

- Non lle gustaría ser vicesecretario xeral como José Blanco?

- Non teño especial querencia por ese posto. O partido se ten desenvolvido con eficacia estes catro anos, e eu estou a disposición do partido e do secretario xeral para encaixar no posto en que poda ser máis útil.

- Non se sentirá frustrado se non ascende?

- En abosluto.

- Sempre se di que é o home de José Blanco en Galicia...

- Non, eu son un home do Partido Socialista, sempre o fun. E son o secretario de Organización do PSdeG, e polo tanto unha persoa que traballa día a día co secretario xeral.