O Clúster da Madeira, a Asociación Monte-Industria, a Federación de Aserradores e

Rematantes de Madeira... todos coinciden en que este é un bo momento para o sector forestal galego, pero tamén insisten en que hai que aproveitalo para modernizar o monte galego e correxir os seus defectos. Entre eles o da rentabilidade.

Outro dos obxectivos da Asociación Monte-Industria que dirixe Juan Picos é conseguir que o Ministerio de Facenda acepte unha das súas reivindicacións históricas: que a propiedade forestal desgrave na declaración da renda. " Está claro que en Galicia o monte é un instrumento de aforro. Non entedemos como é posible que un plan de pensións desgrave e unha propiedade forestal non", subliña Picos, que ademais recorda que "en momentos de crise, como cando se fixo a reconversión naval en Ferrol, moitas familias saíron a flote grazas á madeira".