O prezo do eucalipto subiu máis có do petróleo nos últimos dous anos

 

A tonelada pagouse o mes pasado un 38% máis cara que en 2006, mentres que o Brent en euros subiu un 27%

Pilar Mera / A CORUÑA
Mentres os países árabes contan co petróleo para manexar a crise económica internacional, Galicia tamén ten un preciado ben que se revalorizou de forma notable nos últimos tempos: a madeira. Un recurso para o que está medrando a demanda en todo o mundo, un contexto do que o sector forestal galego urxe a tirar beneficio canto antes. En xuño de 2006, en Galicia pagábase o prezo da tonelada do eucalipto a 32,1 euros, con corteza e no cargadoiro. En 2007 xa subiu dous euros e hoxe págase a 44,4. É dicir, un aumento do 38% en dous anos. Máis do 27% que subiu o barril de Brent, que pasou de 54,1 euros en xuño de 2006 a 69,1 en abril deste ano.
Con todo, Galicia non é nin moito menos o único lugar no que está a subir o prezo da madeira, a segunda materia prima (logo do cru) máis deficitaria en Europa. "A madeira é un recurso escaso no mundo, especialmente en Europa", di Juan Picos, presidente da Asociación Monte-Industria. Segundo Picos, a FAO prevé que para 2020 Europa precise entre 200 millóns e 400 millóns de metros cúbicos de madeira. En Galicia o ano pasado cortáronse 7,4 millóns de m3 de madeira (a metade do que se produciu en toda España), dos que 3,1 eran eucaliptos; 3,7 piñeiros e outras coníferas e os 0,46 restantes, frondosas como o castiñeiro, o carballo ou a cerdeira.

As causas da suba
O boom do sector é común en practicamente todo o mundo, algo que se explica por factores múltiples e complexos. Para empezar, os países nórdicos tradicionalmente madereiros como Suecia e Finlandia baixaron espectacularmente os niveis de cortas debido ás primeiras consecuencias do cambio climático: os invernos son demasiado mornos, e o chan dos bosques, demasiado mol para que as máquinas poidan entrar a cortar , en 2005, Suecia cortara 91 millóns de m3; en 2006, baixou a 56. A produción de madeira tamén caeu en Rusia e para atraer ás empresas transformadoras, o Goberno de Vladimir Putin aumentou as taxas á exportación de madeira en tronco, o que encareceu nun 50% a importación de madeira rusa. Outro dos grandes produtores europeos, Portugal, leva tamén varios anos de capa caída por mor dos lumes que arrasaron miles de hectáreas de masa forestal.
Se a isto se lle engade a escalada dos prezos dos carburantes, que encarece moito a importanción de madeira en barco, e a suba histórica dos prezos da pasta de papel debido ás demandas de China e India, non é de extranar que nos últimos meses chegasen a Galicia empresas e comerciantes estranxeiros para comprar madeira. "Cando suben os prezos e escasea a produción, as empresas buscan madeira por todo o mundo", explica Picos. Tanto el coma outros profesionais do sector en Galicia confirman que cada vez son máis frecuentes os embarques de madeira desde os portos de Viveiro e Ferrol cara a Marrocos, Bélxica ou Grecia, así como as exportacións a Portugal. Na maioría dos casos non son directamente as empresas papeleiras, as fábricas de mobles ou os aserradoiros estranxeiros os que compran a madeira, senón intermediarios propietarios de cargueiros, por exemplo.
O boom da madeira tamén se está notando noutras especies como o piñeiro, aínda que no eucalipto é onde máis subiron os prezos porque é a árbore máis rendible para producir a tan codiciada pasta de papel: para obter unha tonelada de papel fan falta cinco toneladas de bidueiro, pero só tres se a madeira é de eucalipto.

Caja Negra        O Bichero         Floreano
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo
Diari de Girona | Diario de Ibiza | Diario de Mallorca | Empordà | Información | La Opinión A Coruña | La Opinión de Granada | La Opinión de Málaga | La Opinión de Murcia | La Opinión de Tenerife | La Opinión de Zamora | La Provincia | La Nueva España | Levante-EMV | Mallorca Zeitung | Regió 7 | Superdeporte | The Adelaide Review | 97.7 La Radio | Blog Mis-Recetas | Euroresidentes | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya