Outra das grandes novidades do estudio realizado polo Observatorio é o establecemento dun índice de normalización lingüística (INL) para tódolos sectores analizados baseado no nivel de uso do galego na rotulación e as comunicacións ao exterior, a adecuación lingüística do persoal, os criterios lingüísticos, o uso interno e a documentación.

Analizados os datos, é a Policía Nacional, con 25'93 puntos, a que presenta un menor INL, seguida de preto pola Axencia Tributaria, con 27,9; e a Administración de Xustiza e a Garda Civil, que só acadan 29,6 puntos en ámbolos dous casos.

No comercio e na banca o galego tampouco sae ben parado. O INL no ámbito do comercio sitúase nun 30,41, na empresa privada, nun 32,46, e na banca, nun 32,46.

Outros dos ámbitos específicos analizados polo Observatorio e que tiran á baixa foron a Seguridade Social, na que o INL chega ata o 36,98 e as farmacias, na que este índice só chega ao 33,39.