Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Atractivo deseño

Estupenda aprendizaxe

Detalle da portada de "Crías de animais. Australia. Quen son?".

Coa intención de achegarlle á cativada o mundo dos animais o selo Faktoría K de Kalandraka Editora vén de lanzar unha nova colección “Crías de animais” na que presenta a fauna dun continente; Europa, África ou Australia, que é o volume que nos ocupa, son os espazos elixidos por Tandem Seceda, isto é Chema Heras, Isabel Pelayo, Pilar Martínez e Xurxo Gutiérrez, para amosar dunha forma singular unha selección de seres para amantes da natureza que queiran descubrir algún dato que se antollaba secreto e que revelado desta forma permitirá unha nova ollada ao entorno.

O deseño non podía ser máis atractivo: texto sinxelo e tenras ilustracións , a cargo de Ester García, do animal proposto que os nenos e as nenas han de descubrir descifrando as adiviñanzas que establecen acompañadas dunha imaxe. Os datos que expoñen constitúen a esencia do citado ser e algunha característica que permita identificalo e que ao mesmo tempo atrapa a atención do lector. Logo de desvelar a incógnita, hai alusións a certas formas de actuar ou peculiaridades vitais e remata cun interrogante que aumenta, se cabe, a curiosidade dos receptores.

Espertar nos cativos o desexo por coñecer o que está ao seu redor e ampliar a súa visión do mundo explorando que lles acontece a outros seres, ás veces tan afastados de nós en distancia pero tan cercanos en canto á forma ou configuración, para a través da comparación establecer vínculos que han de axudar a entender mellor o mundo, semella unha forma de estupenda de aprendizaxe na que partindo dos seus intereses, se introducen novos conceptos e expándese o coñecemento do neno dunha forma amena coa que se asegura a súa interiorización.

Portada do libro.

TANDEM SECEDA, Crías de animais. Australia. Quen son? (Ils. Ester García), Faktoría K, Pontevedra, 2022, PVP. 13,30€

Compartir el artículo

stats