Xustiza de Galicia
A Xunta recupera o edificio do antigo hospital Xeral para facer realidade a Cidade da Xustiza de Vigo
Recreación do edificio da Cidade da Xustiza.

A Xunta recupera o edificio do antigo hospital Xeral para facer realidade a Cidade da Xustiza de Vigo

O proxecto supón darlle uso a un edificio emblemático, que contribuirá a dinamizar a cidade e concentrará nun só edificio e no centro de Vigo toda a actividade xudicial
Dotará á administración de Xustiza dunhas instalacións de grande nivel con 36.000 metros cadrados co obxectivo de finalizar a actuación en 20191

O Plan de Expurgo está a desconxestionar os arquivos e oficinas xudiciáis

A constitución da xunta de Expurgación en febreiro de 2013 e a inmediata posta en marcha dunha experiencia piloto no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e a Audiencia Provincial de Pontevedra foron os primeiros fitos do proceso. O traballo realizado foi recoñecido polo Consello Xeral do Poder Xudicial, que outorgou o premio calidade da xustiza 2015

Os galegos xa poden consultar online a situación dos seus procesos xudiciais

Galicia é a primeira Comunidade en poñer en marcha a sede xudicial electrónica.
Progresivamente, incorporará novas funcionalidades como o inicio electrónico de procedementos monitorios ou o acceso seguro dos profesionais aos expedientes dos procesos xudiciais.
É un dos fitos previstos no Plan Senda 2020 para a implantación do Expediente Xudicial Electrónico, cuxas pezas xa están en marcha en Galicia.

A Xustiza galega contará co orzamento máis elevado na historia da autonomía en 2017, con 140 millóns

A Xustiza galega contará co orzamento máis elevado na historia da autonomía en 2017, con 140 millóns

Entre as claves deste orzamento hai que destacar o Plan de Infraestruturas Xudiciais, que permite levar a cabo actuacións fundamentais e moi necesarias nas grandes sedes xudiciais galegas.
O novos edificios xudiciais de Pontevedra, Vigo, Coruña e Tui concentran un investimento que superan os 60 millóns de euros

A Xunta investirá en eficiencia enerxética e melloras nos xulgados máis de 4 millóns

Unha vez executado o plan nos edificios xudiciais da Xunta, lograrase reducir o seu consumo enerxético en 1,2 millóns de kWh/anuais e uns aforros económicos de máis de 210.000 euros ao ano
O vindeiro ano poranse en marcha actuacións de eficiencia enerxética en diversas sedes xudiciais por valor superior aos 2,7 millóns de euros

A Xunta investirá máis de dous millóns de euros para concentrar os tres xulgados de Tui nun único edificio xudicial

Este proxecto mellorará os servizos da administración de xustiza nesta localidade, tanto para os cidadáns usuarios como para os propios traballadores.
O antigo Centro de Saúde será rehabilitado e agrupará os tres xulgados existentes.