Sábado 3 de febreiro:

A partir das 12.00 horas, showcooking Cociñeiros Mahou, con Juan Crujieras de Bido e Luis Veira de Árbore da Veira, coa música en directo de Los Vagos.

Ás 18.30 horas no Lalín Arena, Gala Os Tonechos "O reencontro".

De 19.00 a 23.00 horas, Cantos de Taberna. Homenaxe a Plácido Rozas.

Ás 00.00 horas, espectáculo pirotécnico 50 anos da Feira do Cocido, na Praza da Igrexa.

Sábado 3 e domingo 4 de febreiro:

Carpa Mahou no campo da feira. Espazo de promoción, exposición e venda de gastronomía e produtos galegos.

Domingo 4 de febreiro:

Programación da 50 FEIRA DO COCIDO DE LALIN.

Ás 11.00 horas na Casa Consistorial terá lugar a recepción do pregoeiro Víctor Fernández Freixanes, presidente da Real Academia Galega, e autoridades, e farase entrega da distinción "Aldea Singular 2018", que este ano foi para a parroquia da Xesta, coa actuación musical da Asociación Cultural Carballo da Manteiga. Ás 12.00 horas, apertura da Feira e visita á Carpa Mahou, espazo de promoción, exposición e venda de gastronomía e de produtos galegos. Ás 12.45 horas, pregón da 50 Feira do Cocido a cargo de Victor Fernández Freixanes, no palco da rúa Principal. Ás 13.00 horas, desfile de carrozas, charandas, comparsas e agrupacións musicais, en colaboración coa Deputación de Pontevedra. Ás 20.00 horas, para pechar a xornada, concerto de Treixadura na Praza da Igrexa.

Sábado 10 de febreiro:

Ás 13.00 horas no Museo Municipal Ramón Mª Aller, inauguración da exposición "VIII EmporcARTE". De seguido, ofrenda de grelos ao Porco, na rúa Colón. Ás 14.30 horas, XIX Cocido das Artes.

do 10 de febreiro ao 13 de febreiro

Titerentroido. Festival de títeres e marionetas no Museo Municipal Ramón Mª Aller.

Luns 12 de febreiro:

Entroido nas rúas de Lalín e na Carpa Mahou do campo da feira. Desfile, concurso, inchables para os nenos, música e marionetas.

Sábado 17 de febreiro:

De 12.00 a 13.00 horas en Castrodeza, obradoiro "Cheira que alimenta", para nenos e nenas de 3 a 7 anos.

Ás 20.30 horas no Museo Municipal Ramón Mª Aller concerto da Orquestra de Corda de Lalín, baixo a dirección de Inara Vesvastika.

Domingo 18 de febreiro:

De 12.00 a 13.00 horas en CastroDeza, obradoiro "A Poción Máxica do Deza", para nenos e neas de 7 a 14 anos.

Campionato de Airsoft nas instalacións de Lalingrado na parroquia de Albarellos.

Sábado 24 de febreiro:

Ás 20.30 horas no Salón Teatro, espectáculo de música tradicional da Agrupación Folclórica A Carballeira de Cercio.

Domingo 25 de febreiro:

Ruta de clásicos do Cocido, organizada pola Escudería de Clásicos "O Toxo".

Sábado 3 de marzo:

Ás 20.30 horas no Museo Municipal Ramón Mª Aller, concerto de Debora Pichel-Matthew Schriek.

Viernes 16 de marzo:

Ás 20.30 horas, no Museo Municipal Ramón Mª Aller, inauguración da exposición Manuel Colmeiro, ata o 16 de maio.

16 y 17 de marzo:

XXIV Rali do Cocido, 1ª Proba do Campeonato de España de Rallyes de Asfalto 2018

Sábado 24 de marzo:

Ás 20.30 horas, no Museo Municipal Ramón Mª Aller, concerto de Hadhietxekos.

Sábado 14 de abril:

Ás 18.30 horas no Salón Teatro, VI Festival de Corais.

Sábado 20 de abril:

Ás 21.30 horas no Salón Teatro, "Calígula", con Xoel Fernández.

Sábado 21 de abril:

Mañá e tarde, no Salón Teatro, actuación de +QDanza.

Sábado 28 de abril:

Ás 18.30 horas no Salón Teatro, actuación de Scene Ballet.

Venres 4 e sabado 5 de maio:

III Orgullo de Lalín.

Xoves 17 de maio:

Ás 20.30 horas no Museo Municipal Ramón Mª Aller, concerto de A Lavandeira, con Carlos Quintá e Vero Rilo.

Sábado 19 de maio:

Ás 19.00 horas na Praza de Loriga, Serán das Letras Galegas.