¿Coñeces o auténtico sabor da tradición? Baixo este lema nace Elaborados Cárnicos Emdeza, unha empresa de nova creación que aposta pola súa clara orientación cara a tradición. É por elo que o porco destaca como referencia na súa producción, elaborando así produtos frescos, salazóns e curados. Cunha experiencia dilatada no sector, todos os seus produtos cárnicos elabóranse empregando técnicas tradicionais, o cal lle permite ofrecer unha calidade sobresaínte e distinguilos polo seu sabor e naturalidade. Dende setembro do pasado ano esta sala de despece, fabricación de elaborados, curados, salazóns e distribucións de produtos cárnicos, abre as súas portas no Empalme-Donramiro, en Lalín afianzando así o gremio das cárnicas da capital dezá, un dos principais motores económicos da comarca.