O grupo de audioloxía OE+, con sedes de Lalín, Ordes e Cee ofrece non so servizos de audioloxía integral, senon tamén un servizo técnico propio para un mellor servizo post-venta de cara aos seus clientes.

+ Personalizado; co fin de ofrecer unha atención o máis personalizada e individualizada posible, OE+ conta cun laboratorio e taller propios tanto para a elaboración de moldes, carcasas, IEM para músicos, protectores de baño e protectores antiruido como para reparacións de audífonos. Son taller de referencia para outros centros auditivos e ópticas que traballan con audífonos na nosa comunidade.

+ Innovación e mellora; dispoñer dun laboratorio ofrécelles a posibilidade de innovar e mellorar nas diferentes opcións de adaptación en cada neno e adulto.

+ Aforro; ao controlar o proceso de fabricación ofrecen prezos e condicións máis xustas aos seus clientes por non ter intermediarios. Os tempos de producción e entrega son tamén mais lixeiros dando o mellor servizo en tempos mínimos.

+ Solucións; ademáis, cada centro auditivo do grupo OE+ conta co seu pequeno taller de reparacion rápida onde dan solución a máis do 65% dos problemas ou averías que poidan xurdir nunha adaptación.

+ Eficiencia e rapidez; ao atoparse o audiólogo e o cliente no mesmo lugar, o axuste e precisión nos retoques de moldes, tapóns, carcasas ou protectores resulta mais preciso e rápido, evitando envíos e perdas de tempo ou fallos por non poder facer comprobacións dos axustes in-situ.