A muller sempre tivo un papel esencial na historia da artesanía galega. Entre os seculos XVII e XVIII, Galicia tiña os tecidos e a industria téxtil como un dos elementos máis importantes do PIB. De feito, non había aldea galega que non tivese un tear coas súas respectivas costureiras. Ademais, cultivábase moito liño, tanto que incluso se chegou á necesidade de importalo de países como Rusia ou Polonia.

Así e todo, o feito de ser un traballo que se fixese na casa foi a coartada perfecta para que este papel esencial para o desenvolvemento da economía galega quedara agochado durante séculos.

Porén, os oficios tradicionais como o de ferreiro ou de torneiro foron historicamente copados por homes. Deste xeito, as mulleres non puideron optar a desenvolver estes traballos ata finais do século XX.

Mais agora a situación é ben diferente e, aínda que queda moito camiño por andar, os estereotipos machistas vanse esvaecendo para deixar paso a unha nova época na que o xénero xa non é un factor determinante para escoller profesión.