Segundo os datos definitivos publicados polo Comité de Axuda ao Desenvolvemento (CAD), en 2015 España executou 1.261 millóns de euros de Axuda Oficial ao Desenvolvemento (AOD), unha cifra equivalente ao 0,12% da súa Renda Nacional Bruta. Este dato representa un mínimo histórico na cooperación española e mantén á AOD española ancorada en niveis dos anos oitenta do século pasado, cando o país nin sequera pertencía ao CAD da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos.

En cambio, o panorama político estatal que trouxeron as eleccións do pasado 26 de xuño, con un Parlamento máis plural sen maiorías absolutas, si debería ser un alicerce para un cambio de ciclo na Cooperación española. De feito, xa se aprobaron por maioría varias proposicións non de lei con compromisos como o de incrementar a AOD a un 0,4% nesta lexislatura.