A boa saúde do sector das TIC ponse de manifesto na Noite da Enxeñaría en Informática

Durante o acto, celebrado o 13 de xuño, foron entregados os premios anuais que recoñecen o talento de profesionais e empresas

10.07.2014 | 09:27
Foto de familia dos premiados na Noite da Enxeñaría en Informática.

A Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), tivo lugar o pasado día 13 de xuño coa participación das persoas colexiadas, empresariado, profesionais e autoridades das distintas administracións ata sumar máis de 250 persoas. O Hotel-Monumento San Francisco, en Santiago de Compostela, foi o escenario no que se desenvolveu o encontro do CPEIG, no que actuou como mestre de cerimonias Rober Bodegas.

No discurso que pronunciou, o presidente do CPEIG, Fernando Suárez Lorenzo, destacou que o sector das tecnoloxías da información galego está "á cabeza do Estado". De feito, o número de empresas do sector en Galicia superou as 2.000, cun crecemento superior ao 15% dende 2010 e, na actualidade, emprega a máis de quince mil traballadores. Esas cifras sitúan a Galicia como a quinta comunidade de España con maior número de firmas tecnolóxicas.

Suárez Lorenzo fixo fincapé, asemade, en que nunha economía do coñecemento os recursos máis importantes son as persoas con talento. Nese sentido, referiuse aos presentes na gala como exemplo desa calidade.

Entre outras autoridades, estiveron presentes presidentes doutros colexios autonómicos de Enxeñaría en Informática, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira.


Os premiados


Durante a Noite da Enxeñaría en Informática, o CPEIG outorgou os premios cos que recoñece todos os anos o talento de profesionais e empresas. Nesta sexta edición do evento, a lista de galardoados quedou como segue:



  • Premio Iniciativa Emprendedora: Torus Software (Torusware).

  • Premio Proxecto Fin de Carreira: Adrián Pérez Diéguez.

  • Premio Iniciativa Empresarial: Igalia.

  • Premio e-Inclusión: TADEGa, asociación sen ánimo de lucro constituída por profesionais da educación galega que se centran na atención á diversidade

  • Premio Ada Byron: Bertha Guijarro Berdiñas. Vicecoordinadora-responsable científica do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da UDC.

  • Mención especial para o Centro de Supercomputación de Galicia S.A (CESGA) polos seus 20 anos de traxectoria.

  • Premio Iniciativa da Administración: GAIN (Axencia Galega para a Innovación).

  • Premio Traxectoria Profesional: Francisco García Morán, conselleiro xefe en TIC da Comisión Europea.

  • Colexiados de Honra: Domingo Molina Moscoso e Jacinto Canales de Caso. Domingo Molina Moscoso é director de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) da Administración do Estado. Pola súa banda, Jacinto Canales de Caso é presidente do Consello de Colexios de Enxeñaría en Informática, máximo órgano de representación da profesión en España.


O CPEIG quixo agradecer tamén a colaboración dos patrocinadores da Noite da Enxeñaría en Informática, que este ano bateu marcas anteriores ata chegar a preto de 40 empresas ou institucións que apoiaron o evento do CPEIG.



  • Patrocinadores Ouro: Altia, Amtega, Bahía Software, Emetel, Everis, HP-Intel,Indra, Plexus, R, Retegal e Telefónica.

  • Patrocinadores Prata: Acuntia, Atos, Avaya, Balidea, Cisco, Concello de Santiago, Coremain, Deputación da Coruña, Deputación de Pontevedra, Ednom, Epson, Esri, Fortinet, Imatia, Inforhouse, Intel, Inycom, Kaspersky, La Caixa, Oesía, Oracle, Sdweb, Secretaría Xeral de Igualdade, Secretaría Xeral de Política Lingüística, Tecnocom e Vodafone.


Sobre o CPEIG


O CPEIG é un dos colexios profesionais máis activos na defensa dos intereses dos seus colexiados. Con sede en Santiago de Compostela, na actualidade conta con máis de 350 persoas colexiadas.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Finanzas Personales

Los riesgos del parecido entre el euro y el bolívar
Los riesgos del parecido entre el euro y el bolívar

Los riesgos del parecido entre el euro y el bolívar

La Guardia Civil advierte en Twitter de las similitudes entre ambas monedas - El bolívar son 9...

Las prácticas de la banca para rechazar la devolución de la cláusula suelo

Las prácticas de la banca para rechazar la devolución de la cláusula suelo

Adicae dice que sólo el 12% de los hipotecados ha obtenido una oferta por parte de su entidad

¿Sabes qué hacer para reclamar por un vuelo?

¿Sabes qué hacer para reclamar por un vuelo?

Cancelaciones, retrasos y 'overbookings' son problemas frecuentes en los aeropuertos en verano

Las multas de tráfico más comunes en verano

Las multas de tráfico más comunes en verano

Conducir en chanclas, comer al volante o tirar colillas son algunas de las infracciones habituales

Protege tu ordenador del trabajo también en verano

Protege tu ordenador del trabajo también en verano

Los riesgos y ataques a terminales y ordenadores en el trabajo se incrementan durante estos meses

Así serán las hipotecas: más claras y sin vinculaciones

Así serán las hipotecas: más claras y sin vinculaciones

Antes de firmar, se podrá relizar una visita gratuita al notario - No se podrá obligar a contratar...

Noticias de Vigo


Fe y fiesta se citan en San Roque

Fe y fiesta se citan en San Roque

Música, gastronomía y devoción: los pilares de los honores al santo "milagreiro"

Manuel Alonso: "Esperamos que el alcalde pueda hacer un poco de fuerza ante esta situación"

Manuel Alonso: "Esperamos que el alcalde pueda hacer un poco de fuerza ante esta situación"

"No agreden físicamente contra todos, pero sí moral y económicamente"

La población de pintos y maragotas en Cíes triplica al del resto de las rías

La población de pintos y maragotas en Cíes triplica al del resto de las rías

Investigadores de la Universidad de Barcelona comparan la biomasa del parque Islas Atlánticas con...


Vigo recupera 11.000 m2 de marisma del Lagares para un parque verde junto al paseo

Vigo recupera 11.000 m2 de marisma del Lagares para un parque verde junto al paseo

La nueva área pública incluye un aula de interpretación del ámbito fluvial que hará Acuaes y un...

El Camiño Portugués de la Costa recibió una media de 32 peregrinos al día en julio

El Camiño Portugués de la Costa recibió una media de 32 peregrinos al día en julio

La ruta que pasa por Vigo gana adeptos mes a mes y a lo largo del año ya la recorrieron 3.348...

Enlaces recomendados: Premios Cine