A Organización de Palangreiros Guardeses (ORPAGU) contará coa colaboración do prestixioso cociñeiro do grupo NOVE, Pepe Solla, na promoción do consumo de peixe espada.

Nesta ocasión ORPAGU e Solla convidan á Asociación de Mulleres Rurais de A Guarda a unha clase de cociña na que experimentarán novas receitas e preparacións do peixe espada.

Durante esta clase de cociña que se desenvolverá o vindeiro xoves día 31 de maio ás 12:30 horas, as mulleres rurais aprenderán novedosas receitas e trucos froito da investigación que Pepe Solla leva realizado nos últimos meses cos lombos de peixe espada. Pero como o importante é aprender a sacarlle o máximo partido a este xugoso peixe as mulleres rurais tamén compartirán con Pepe Solla os trucos gardados dende hai anos ante os fogóns e aportarán as receitas de peixe espada máis tradicionais da súa vila mariñeira.

Adega de excepción

Como non podía ser doutro xeito, ORPAGU quixo enmarcar esta clase de cociña nun entorno inmellorable e acompañado dun viño capaz de maridar cos mellores produtos da terra, é por isto que contarán coa colaboración da adega Terras Gauda que porá a disposición tanto da organización de palangreiros como das mulleres rurais e de Pepe Solla as instalacións da súa adega no Rosal para a realización desta peculiar clase de cociña. O presidente do grupo Terras Gauda, José María Fonseca, apoiará o evento coa súa asistencia e presencia durante a clase experimental de peixe espada.

No evento estarán presentes ademáis dos produtos de Terras Gauda as conservas delicastessen ORPAGU Gourmet que os palangreiros veñen de lanzar ao mercado abrindo a venta on line na súa páxina web www.orpagu.com