29 de junio de 2016
29.06.2016

"O pacto na Deputación de Lugo parece ensaio da gran coalición"

29.06.2016 | 04:55

--Como explica a decisión de rachar o bipartito co PSdeG na Deputación de Lugo?

-Quen o racha é quen preside a institución e fai un pacto co PP e un tránsfuga. Para nós, rompe o presidente da deputación. Agardo que a dirección do partido reconduza a situación. Nós chegamos ás deputacións para romper a política caciquil e con estas actuacións favorécense os intereses do PP. Nós non negociamos co PP de costas ó PSOE, foi o revés. E non son os orzamentos necesarios para a institución.

-Afectaralle ao resto de pactos nas deputacións?

-Sabe que en cada institución se asinou un pacto. Non imos trasladar a situación de Lugo a outros acordos que funcionan ben. Pero a dirección do PSdeG ten que responder polos pactos que asina; pedímoslle que revise a situación e que o reconduza. Parece un ensaio da gran coalición que levan anunciando tanto tempo. Foi un erro.

-Que repercusións tería en Galicia esa gran coalición a nivel estatal?

-Agardo que ese escenario non se produza.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
Enlaces recomendados: Premios Cine