-Superaron as tensións que se visualizaron tras o 20-D? Son unha coalición en sintonía ou unha unión temporal de intereses?

-O máis importante é que temos un sentido de ser: acabar coas políticas do Partido Popular. Obviamente, hai diferenzas de culturas políticas pero sempre priorizamos o que é principal e rematar así co goberno do PP. Non somos unha unión temporal, En Marea é unha marca gañadora cun proxecto que ilusiona e que conta co apoio da cidadanía.

-Considera que Anova está perderndo terreo con respecto a Podemos e EU no proyecto de Marea?

-Formamos parte do mesmo nivel neste espazo de confluencia, hai que facelo con xenerosidade e poñer o ben común por riba dos intereses do partido. Sentímonos cómodos na confluencia, apostamos por ela dende que naceu Anova. Más aló diso, eu non son representante de Anova, son representante de En Marea e manteremos esta confluencia para derrotar ó Partido Popular.

-Se no hai acordo en Madrid para un goberno entre PSOE e Podemos, sería posible logo un pacto en Galicia se Feijoo perde a maioría absoluta? Cre que isto é factible?

-Espero que o Partido Socialista non pacte co PP e elixa as forzas do cambio, porque se Pedro Sánchez pacta con Rajoy significaría que, más aló de chegar a posibles acordos en Galicia, as políticas populares manteríanse en marcha e afogarían os intereses dos galegos. Nós colocámonos como segunda forza, pero o noso obxectivo é ser a primeira. Estamos no momento xunto para facelo. En Marea leva unha tendencia moi crecente no país.