A Casa da Luz acollerá hoxe ás 18 horas un acto convocado por En Marea sobre políticas Sociais. Será, indica a organización, un encontro aberto a todos os colectivos e veciños que contará coa participación de Virgina Felipe Saelices, senadora de Podemos por Castela-A Mancha. A ponente, con discapacidade física, conseguiu na anterior lexislatura que se fixesen obras para eliminar as barreiras arquitectónicas na Cámara alta. O día da súa investidura prometeu non volver prestar xuramento como representante do pobo nunha sá con barreiras onde non foran efectivos os dereitos de todas as persoas.

No acto tamén participarán Ángela Rodríguez Pam, número 2 da candidatura de En Marea por Pontevedra, Vanessa Angustia, cabeza de lista ao Senado pola provincia; e Herminia Dios, responsable de políticas sociais de Marea Pontevedra.

Por outra banda, En Marea reivindicou a grauidade e transferencia da AP-9 e rematar coa "política de amiguetes" do PP, nunha solicitude rexistrada no Congreso que volverá a presentar na vindeira lexislatura.

A cabeza de lista ao Congreso por Pontevedra, Alexandra Fernández, incidiu en que é o momento de transferir a Galicia a AP-9 "para que poidamos xestionala dende aquí e poñer no centro os intereses da cidadanía galega".