Bará, candidato do BNG ó Congreso: "O monte pode ter un uso sostible e rendible"

15.06.2016 | 02:37
Rafa Vázquez

| O candidato do BNG-Nós ó Congreso pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, sinalou onte que "Galiza ten experiencias de éxito que demostran que o monte comunal pode ter un uso sostible e rendible a medio prazo". Fixo esas manifestacións nun mítin en Poio no que apostou por que o monte teña diferentes aproveitamentos en lugar de estar supeditado aos intereses privados "da produción de eucalipto e pasta", o que sería "máis rendible e beneficioso" para o país.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
Enlaces recomendados: Premios Cine