Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Xosé Collazo Castro: "Considerámonos a única candidatura cen por cen galega ao servizo do pobo"

"Non foi posible a unidade total, disque nós temos un proxecto e eles outro. Pensamos que había espazo e motivo para elo"

Xosé Collazo, candidato ao Senado por Nós e profesor no IES A Paralaia, de Moaña. //

Xosé Collazo volve a primeira fila da política, que nunca deixou. Foi apoiado masivamente para formar parte da candidatura Nós ao Senado. É xermen do Partido Comunista do Povo Galego (PCPG), formou parte de numerosos colectivos veciñais e culturais . Agora considera que é o momento de dar o paso, de defender en Madrid a soberanía de Galiza.

-Que foi o que motivou que se presentara nesta candidatura?

-O PCPG sempre procurou a máxima unidade posible do noso pobo galego e dese xeito participamos en varias iniciativas unitarias en toda Galiza. Sabe vostede que tamén participamos no nacemento de Alternativa Canguesa de Esquerdas, no seu momento. Entón, esa e a nosa idea. Defendemos tres tipos de unidade: a dos traballadores, a unidade da esquerda e a unidade dos comunistas.

-Por que esta opción de unidade e non outra?

-Efectivamente hai varias. Esto pódese crer ou non, pero os feitos obxectivos están ahí para demostrar quen loitou pola unidade e a quen non lle interesou. Dende este último 25 de xullo intentouse unha saída á división da esquerda e do nacionalismo galego, donde organizacións políticas como o BNG renunciou as súas siglas para facer unha mobilización unitaria. No denominado Banquete de Conxo a iniciativa de unión foi enviada a todolos colectivos. Pero non foi posible. Eu tiven o privilexio e ao mesmo tempo a mala fortuna de participar nunha desas reunións. Pero non foi posible conseguir nunca unha reunión de toda as forzas galegas, a pesares dos nosos intentos. Eu mesmo e outros compañeiros participamos en asambleas de Mareas en Compostela, mesmo sendo incluidos da convocatoria por parte delas.Finalmente houbo unha reunión o 31 de outubro. Ahí faltaron Esquerda Unida e Podemos, e faltaron algunhas personalidades que pensabamos que debían de estar. Ofreciamos a posibilidade de darlle ao reloxio a cero. Non foi posible. Eles teñen outro proxecto e o parecer nós temos outro. Nós non consideramos que sexa así. Pensamos que había un espazo e un motivo para ir todo xuntos. Nós non excluímos a ninguén,pero se unha parte non quere?

-Todo o mundo fala da necesidade da unión popular, pero eso parece que á hora da verdade en vez de unir, divide.

-Hai unha división relativa. Hai menos división que hai 20 anos. Hai unha simplificación do panorama político, o que pasa que non é o que nos desexaríamos. Os feitos son teimudos. Nós intentámolo ata o último momento. Na medida que desexabamos que esa forma unitaria debía estar presidida polo servizo ao pobo galego e unha candidatura que fora soberana, que non tivese poder de decisión fora de Galiza, eso foi o que decidiu que outras instancias non aceptaran.

-Que aportan vostedes que non aporta outra formación?

-Non quero entrar en polémicas.

-Non, non ,diferencias ideolóxicas.

-Nós queremos tender unha man permanentemente. Queremos que a unidade sexa un feito cada día. Nós sentímonos representados por unha política que se fixo a nivel de Parlamento Español e consideramos que somos representativos de todolas loitas sociais que se teñen dado contra políticas reaccionarias e regresivas. Polo tanto, defendemos dereitos sociais e a soberanía do pobo galego e, envidentemente, pola traxectoria que temos, defendemos ao pobo traballador. Considerámonos de esquerdas e soberanistas.

-Ahí radica a diferencia?

-Esa é unha. A outra está na práctica. É unha candidatura presidida pola máxima representación, a máxima democracia interna. Os candidatos foron elixidos en primarias, todos. Non ocurreu o mesmo doutro lado. Nós considerámonos a única candidatura cen por cen galega. Non estamos en función do que nos manden de fora de Galiza.

-Vou a ser malo. Hai quen di que este é o final do BNG.

-A decisión que tomou o BNG de apoiar esta iniciativa ten unha dosis de xenerosidade e de espíritu unitario inconcebible hai anos. Eu creo que en 40 anos da chamada transición democrática nunca se deu un proceso parecido. Podo decilo. Eu non son do BNG. Penso que o BNG se reforza apuntalando esto e non o contrario. Son tempos de unidade, de entrega, de posta en común. O que non nos parece coherente é que outras forzas que defendan esa unidade non contribuisen a que a unidade fose total.

-Como é súa volta a primeira fila da política e como foi a súa experiencia en Alternativa Canguesa de Esquerdas (ACE)?

-No caso de Alternativa Canguesa de Esquerdas nós defendemos eso o mesmo que en Lalín defendimos a Coordinadora Alternativa de Lalín (CAL) e outras parecidas. Ocurriu que, a unha deteminada altura ... non quero polémica ... Nós non estamos ahí porque consideramos que ACE é unha alternativa de base popular que se creou en Cangas, pero non coa finalidade de crear nada a nivel galego. Cando se identificou ACE con AGE nos calamos para non crear polémica, pero considerando que se estaba falando fora de contexto e ese tipo de cousas fixéronse á marxe da miña organización. Ese paralelismo non o consideramos apartado. Nós poderiamos ter impugnado esa concepción e non quixemos.

-Sorprendido polo apoio que tivo no Morrazo?

-Estou sorprendido e ao mesmo tempo, se quere, un pouco abrumado pola responsabilidade. A verdade é que non esperaba eso. Teño que estar agradecido a eses apoios que me chegaron. Recibin cantidade de chamadas e mensaxes de apoio. Eu non o esperaba e non o pedín. Será porque son coñecido no ámbito dos movimentos sociais. En plan de broma, non sei que pinto aquí. Debía haber xente máis moza. Pero de todas formas temos unhas listas moi equilibradas. Hai moito xoven con enorme capacidade como se pode comprobar nas candidaturas. Temos dous grandes amigos candidatos ao Senado. Unha é Alba Cuba, gran atleta galega de 26 anos, e o outro Valentín Bóveda, neto de Alexandre Bóveda.

Compartir el artículo

stats