Elecciones en Galicia 2016

Elecciones en Galicia 2016 | Pontón: "O 25-S ten que quedar atrás a Galiza triste do PP"

24.09.2016 | 09:30

A candidata do BNG, Ana Pontón afirmou nun acto en Pontevedra que o "o mellor para Galiza está por vir o 25 de setembro da man do BNG". No transcurso do acto organizado, a modo de vermú, na praza de Ourense a candidata nacionalista, Pontón acompañada polo cabeza de lista, Luís Bará e o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, afirmou que o 25-S ten que quedar atrás "a Galiza triste do Partido Popular para avanzar cara a Galiza da igualdade, fraternidade, liberdade e solidariedade, ese é o proxecto do BNG". Pontón apelou ás posibilidades que ofrecen as redes sociais para que as persoas desesperanzadas se sumen ao proxecto da ilusión e futuro que representa o BNG. Lembrou que toda a simpatía que a cidadanía transmitiu ao BNG debe agora traducirse en votos.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
Enlaces recomendados: Premios Cine