ELECCIONES EN GALICIA 2016

Elecciones en Galicia 2016 | Luís Villares: "A derrota de Feijóo será a de Rajoy; a victoria de En Marea garantirá que non haxa terceiras xerais"

"Impulsarei un Goberno social que acabe cos recortes e a corrupción; ofrezo honestidade"

22.09.2016 | 13:58

"Presidente!". Luís Villares, maxistrado en excedencia, chega puntual á cita nunha praza de Santiago e é recibido con ese berro por un amigo. Dá a volta tras despedirse e unha veciña tamén se lle achega para darlle dous bicos e desexarlle sorte cando sente en San Caetano. Promete un cambio radical e que Galicia marcará o desbloqueo da política estatal a partir do domingo. "A derrota de Feijóo será a de Rajoy. A victoria de En Marea garantirá que non haxa terceiras eleccións xerais", sostén.A entrevista fíxose o lunes, antes de estalar o conflito en Podemos.

-As enquisas predín que o PP reterá a maioría absoluta. Ademais, reflicte un baixo grao de coñecemento da súa candidatura. Ten tempo de remontar? E por que a primeira semana de campaña non compareceu cos alcaldes e evitou as cidades?

-Acaba de ver na rúa que o coñecemento é total e non estaba buscado (ri). Notamos que o esforzo destas semanas deu resultado e a forma en que imos combinando a xente que intervén en campaña é unha estratexia electoral.

-Con que propósito?

-Para poñer en acción a todo o mundo coa estratexia de gañar as eleccións.

-Dan por feito o sorpasso ao PSdeG?

-Estamos discutindo o sorpasso ao PP: 25-30 escanos.

-Deixou clara a súa aposta por un goberno de esquerda se o PP non acada a maioría absoluta e puxo como exemplo a Ferrol. Pero nesta cidade o goberno de coalición estivo a piques de rachar e en Santiago e na Coruña houbo grandes discusións co PSdeG. Por que vai funcionar a alianza na Xunta?

-A dinámica política galega non é a municipal. Estou seguro de que todo o mundo tomará conciencia de que o principal é acabar coas políticas dos recortes, sufrimento e decepción do PP.

-Pois Pedro Sánchez, líder do PSOE, sostén que os gobernos das mareas "suman decepcións".

-A decepción da xente é que siga estando o PP no goberno e non imos ser responsables diso. Garantimos unha alternativa ao PP.

-Dicía Beiras que o 20-D se perdeu o pulo ao cambio, logo do fracaso do pacto PSOE-Podemos...

-Pero imos marcar iso desde En Marea. Se gañamos o 25-S, non haberá terceiras eleccións en España. Vivimos os albores do cambio dun ciclo político. A victoria de En Marea suporá que non haxa terceiras eleccións e que as forzas contrarias aos recortes no Estado se poñan dacordo para acabar co PP. A derrota de Feijóo será a derrota de Rajoy.

-Pero PSOE e Podemos non suman máis cos apoios que ten agora Rajoy...

-Para empezar suman máis maioría que o PP. Para unha investidura fan falta máis votos a favor que en contra.

-Cambiará a falta de entendemento PSOE-Podemos por Galicia?

-Si, En Marea vai demostrar que é posible entenderse contra os recortes. O que é inexplicable é que non se producise xa e non se vise a necesidade de rexeneración democrática e da política social necesaria ata agora. Nós aseguramos un goberno social, que acabe cos recortes e coa corrupción. Se temos que levarlle documentación á Fiscalía e que a xente acabe no cárcere, acabará no cárcere. Fronte a corrupción de Feijóo, ofrecemos honestidade.

-E como explica o apoio electoral que ten o PP?

-Que tivo.

-O 26-X aumentou apoios respecto a decembro.

-Nas últimas xerais, nas penúltimas e nas municipais xa non había maiorías absolutas.

-Ten na cabeza conselleiros do seu equipo futuro?

-Si.

-Quen?

-Non llo vou contar (sorrí).

-Promete aprobar un decreto de garantías sociais como primeira medida na Xunta. Tamén dun aumento dunha renda social, que é a risga actual, ata os 1.330 euros...

-Pero iso en función das necesidades de cada unidade familiar. Unha cousa é a proposta de cambio da risga e outra o decreto. Este busca garantir desde o primeiro momento que os 39 desafiuzamentos mensuais que se producen van ter solución e ninguén vai quedar sen teito aínda que lle quiten a casa os bancos. En segundo lugar, que as personas en risco de exclusión social severa, que son 600.000, teñan que levar á boca. E en terceiro lugar, porémoslle fin á pobreza enerxética: a xente non pasará frío. Son condicións mínimas de dignidade.

-Existe a emerxencia social de 2012?

-Os parados de longa duración son máis ca no 2012, igual que a xente parada sen prestacións, polo tanto, a precarización de condicións de vida dalgunha xente é peor. En paralelo, os escándalos de corrupción do PP son máis.

-No PP aféanlle que un xuíz atribúa delitos de corrupción en causas aínda sub iudice...

-Unha cousa é a decisión xudicial e outra, a política. Desde que escoitamos a Baltar pedindo favores sexuais a cambio dun posto na Deputación [de Ourense], esa persona tería que dimitir, aínda que non haxa sentenza. Todos sabemos a indecencia que supón, aínda que acabe con sentenza absolutoria ou sen condea penal porque pode haber feitos que condicionen que non haxa condena, pero iso non quita que sexa eticamente reprobable.

-Que pensa da independencia? No programa din que apoian o dereito a decidir, pero acompasado aos tempos e a demanda social.

-Recoñecemos o dereito a decidir dentro do Estado español a todos os pobos que democraticamente manifesten esa pulsión social porque cremos na democracia. As constitucións son textos xurídicos, non biblias. A partir de aí, cremos que en Galicia non hai esa pulsión social, por tanto non imos convocar ningún referendo de autodeterminación.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Noticias relacionadas

Elecciones en Galicia 2016

Feijóo impulsará la renovación local del PP para incorporar a ´gente joven y formada´

Feijóo impulsará la renovación local del PP para incorporar a ´gente joven y formada´

Pide abrir las puertas a los votantes "huérfanos" que dejaron otras formaciones -El congreso de...

Feijóo promete más renovación en el PP y captar a los votantes que quedaron ´huérfanos´

Feijóo promete más renovación en el PP y captar a los votantes que quedaron ´huérfanos´

"El sentidiño galaico está moviendo los cimientos del PSOE", asegura el líder del PPdeG

Felipe González tras el peor resultado del PSOE en Galicia: ´Este no es el camino´

Felipe González tras el peor resultado del PSOE en Galicia: ´Este no es el camino´

El expresidente socialista quiso "felicitar a Núñez Feijóo -que ganó- con un resultado clarísimo"

La dirección provincial del PSdeG-PSOE esgrime el varapalo en la capital para exigir responsabilidades

La dirección provincial del PSdeG-PSOE esgrime el varapalo en la capital para exigir responsabilidades

Santos Héctor destaca que en Pontevedra, al igual que en Vilagarcía en donde el partido apoyó las...

El Partido Popular trabaja ya para asumir unas terceras elecciones generales

El Partido Popular trabaja ya para asumir unas terceras elecciones generales

"Existe esa posibilidad" por lo que "trabajamos con esa variable", manifestó el presidente...

Enlaces recomendados: Premios Cine