En 2005 en Barcelona, mentres facía as prácticas na Escola Xudicial fun locutor de radio. Tiñamos un programa unha vez por semana en Radio Raval, a "Radio dos Veïns" que formaba parte dos espazos radiofónicos dos galegos en Cataluña, é dicir, tiñamos unha audiencia potencial superior á Radio Galega porque tiñamos toda a zona metropolitana dentro da área de cobertura. Era moi divertido, alí coñecín a xente da emigración, tamén da moderna emigración galega en Barcelona, entre eles xente da miña xeración que traballaba alí. Eu levaba unha dobre vida: pola mañá como xuíz en prácticas e pola tarde como locutor e emigrante galego en Barcelona. Isto permitiume ter unha visión moi completa de como era a vida dos emigrantes, tanto da nova como da vella emigracións".