REDACCIÓN
A V edición do Día do Emprendedor celébrase mañá, 16 de xuño, no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela. Unha iniciativa que ten por obxetivo orientar a emprendedores, tanto para aqueles que teñen un proxecto e precisan de apoio para poñelo en marcha, como para aqueles outros que buscan segundas oportunidades para facer crecer o seu negocio.
O Día do Emprendedor abordará o ciclo completo do emprendemento, dende o momento de dar os primeiros pasos para converter unha idea nun negocio ata a internacionalización como segunda oportunidade para o emprendemento.
Sempre dende un punto de vista moi práctico, no Día do Emprendedor de Galicia haberá lugar para o desenvolvemento de accións encadradas en sete espazos temáticos. Abordaranse os negocios tecnolóxicos tanto como un medio para facer crecer o proxecto como na súa consideración como interesante nicho de mercado; as posibilidades que ofrecen as franquías para abrir novos negocios; as novas oportunidades para emprender; o acceso ao financiamento como factor fundamental para a posta en marcha de novas empresas; a internacionalización en clave de segunda oportunidade para o emprendemento; a educación como factor fundamental para favorecer o desenvolvemento dunha comunidade emprendedora; e a importancia da actividade loxística para favorecer a competitividade da actividade empresarial.
A sesión plenaria contará este ano coa presenza de Joshua Novick, conselleiro delegado da empresa de mercadotecnia dixital Antevenio, única compañía de Internet española que cotiza en bolsa (Alternext, París) e Gerardo José García Alvela, Director Xeral de Sistemas Audiovisuais Itelsis, quenes contarán a súa experiencia como emprendedores de éxito. Luis Pedrahita, guionista de cine e televisión, presentará a xornada cunha reflexión diferente sobre as empresas, a crise e os emprendedores.
Entre o resto dos máis de 60 relatores presentes na xornada, haberá especialistas en financiamento ou marketing como Manuel Romera, director do sector financieiro do Instituto de Empresa, ou Antonio Mas, vicepresidente da Asociación Española de Comercio Electrónico e Marketing Relacional. Ademais, os asistentes poderán intercambiar experiencias con empresarios de éxito chegados desde outras partes de España como Carlota Mateos, fundadora de Rusticae, ou galegos como Rafael Valcarce, presidente de Arteixo Telecom,
A comunidade de emprendedores, Iniciador Galicia, tamén estará presente cunha mesa composta por xóvenes emprendedores galegos quenes explicarán os seus proxectos empresariais.
Este ano, ademáis, o Día do Emprendedor reforzará as zonas de asesoramento directo para emprendedores. Haberá liñas específicas como servizo de apoio xeral, o financiamento, os negocios tecnolóxicos e os viveiros de centros FP, onde expertos en diferentes áreas resolverán, de xeito personalizado, as dúbidas dos emprendedores. Nestes espazos, os potenciais emprendedores poderán presentar ideas para conseguir asesoramento ou investimento.
Segue o Día do Emprendedor nas redes sociais
Por primeira vez, o Día do Emprendedor de Galicia poderá ser seguido a través das redes sociais. As novidades do encontro estanse a comunicar no seu espazo en Facebook en Linkedin e en Twitter. Ademais, a xornada será retransmitida a través de Twitter para todos aqueles emprendedores que non podan achegarse a Santiago.