EN DIRECTO
MARÍA DO CARME GARCÍA NEGRO - PROFESORA DE ECONOMÍA APLICADA E EXPERTA EN ECONOMÍA PESQUEIRA DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO
 

"Abocar a pesca á desaparición por non dar axudas é un disparate"

 08:44  
A profesora María do Carme García Negro, no seu despacho da Universidade de Santiago. / jorge leal
A profesora María do Carme García Negro, no seu despacho da Universidade de Santiago. / jorge leal 

"Ainda non atopei unha mostra de que a frota galega poida ter unha sobredimensión", di a profesora de Economía Aplicada e experta en Economía Pesqueira da Universidade de Santiago, María do Carme García Negro.

Manuel Barral / A coruña
Cal é para vostede a importancia do sector pesqueiro na economía galega?
-É un sector importantísimo por dúas razóns: é productor de alimentos e nese sentido para calquera país é un sector estratéxico. E na economía galega ten máis peso porque a súa capacidade de arrastre industrial e do sector servicios é moi importante.
-E agora a economía e a actividade pesqueira están en crise.
-Hai unha dependencia do combustible moi importante e o sector está sufrindo moito. De non tomar medidas nesa parte do sector pesqueiro afectará á súa capacidade de resistir e de evolucionar. O problema está en que o sector non ten a posibilidade de trasladar a subida de costes ao prezo dos seus productos.
-Sen embargo, o maior problema é o gasóleo?
-Si. O sector sempre funcionou de forma axustada, obligado a incrementar o volume de producto pescado para lograr máis ingresos. A imposibilidade de intervir nos prezos no proceso de venta fai que agora haxa un afogamento.
-Entón, a medida da Xunta de eliminar a subasta á baixa parécelle acertada?
-Si, é unha das posibilidades pero: que intervención ten o sector extractivo na comercialización independentemente do tipo de subasta? Se non a hai, pode que no mercado siga habendo prezos baixos e continuen as dificultades.
-Cal sería a solución?
-A solución pasa por dúas vías: ou que alguén axude a soportar os costes para saír do apuro ou cerrar as empresas. Eu ante esta situación diría: demos axudas para salvar a situación e acompañémolas de medidas a medio prazo que garantan que as subvencións non volverán ser necesarias.
-Porque o sector extractivo é a base da economía pesqueira...
-En toda economía productiva hai partes de sectores económicos que por si mesmas nunca serán rentables, e os directores da política económica utilizan mecanismos para que sobrevivan. É como se dixeramos: se o sector mineiro por si mesmo non pode ser rentable, apago a siderurxia. Se a integración desa parte extractiva en todo un proceso siderúrxico é imprescindible para a economía dun país, facemos de tal forma que manteño a parte extractiva e o proceso transformador.
-O sector tamén se queixa do volume de importacións?
-Estamos no mercado global. As importacións non tiñan por que enfrontarse ao noso producto e hai unha serie de condicións indispensables para que sexan compatibles: que non sexan sustitutivos, capacidade para distinguir ao noso producto e que as importacións sexan lexítimas, que cumpran cos parámetros de sanidade.
-E non se está importando pescado sustitutivo do galego?
-A lóxica é que en épocas de crise digamos que invade o mercado pescado máis barato e que non cumple os requisitos pero hai que demostralo. Se é máis barato, é un mercado distinto do noso.
-Parécelle que a frota está sobredimensionada, que hai demasiados barcos?
-Ainda non atopei unha demostración de sobredimensionamento pero hai quen que cre que quitando a frota de diante eliminan os problemas. A xente está cansada e di: que me den unha subvención para desguazar, pero non é a solución. A solución dos médicos é curar, non matar aos enfermos.

  HEMEROTECA
Anuncios clasificados
Cursos y formación
Búsqueda y ofertas de empleo
Anuncios clasificados
Venta de pisos
Venta de coches

Finanzas Personales

¿Realmente está la banca tan mal como dicen?
¿Realmente está la banca tan mal como dicen?

¿Realmente está la banca tan mal como dicen?

Lo que diferencia nuestra banca del de las otras partes es que allí los responsables pagan por...

En Islandia se han perdonado créditos equivalentes al 13% del PIB.

Amnistía hipotecaria, una posible solución a la crisis

Perdonar créditos evitaría impagos, nuevos descensos del precio de la vivienda y contracciones de...

Las ´primas´ no se fían de los ´primos´

Las ´primas´ no se fían de los ´primos´

La política de algunos bancos que nos condujeron a la crisis no ha cambiado y por ello la prima de...

  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO

CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya