- Sendo un rapaz tivo unha lesión importante que llo fixo pasar mal un tempo ¿como lembra aqueles momentos? ¿fíxolle madurar máis depresa dende o punto de vista deportivo?

- Con once anos fichei polas categorías inferiores do Deportivo e empecei a arrastrar una lesión que me tivo tres anos, os que estiven no Deportivo máis outro, prácticamente sen poder xogar. Iso, pesar de que sexas un neno, tiña doce anos, si que che fai valorar una barbaridade o que é estar ben e disfrutar do fútbol. Foron tres anos duros para min, pero creo que no fondo me serviron para madurar tanto no futbolístico como no persoal e collín as cousas con máis forza a partir de entón

- Cando se fala da columna vertebral dun equipo poucas veces se inclúe a un lateral. Fálase de centrais, mediocentros? Sen embargo a vostede e a Bonilla non os move ninguén do once ¿por que cre que é así? ¿e tendemos a infravalorar a influencia de los laterais no xogo?

- Eu creo que iso ven de antes. No fútbol de antes pode que o lateral non tivera tanta influencia no xogo de ataque, era máis un defensa. Aínda hai xente que tende a dicir que o máis doado é xogar de lateral, eu non o vexo así. Hai outros postos que teñen máis valoración, pero nun equipo xogamos once e ao final a importancia témola cada un dos once e cada un dos que queda fóra. De momento Bonilla e eu estamos tendo a sorte de contar con todos os minutos e hai que seguir traballando para que así sexa.

- ¿Segue estudando?

- Si, economía. Sempre me chamou a atención. O fútbol é algo que non dura toda a vida e nun futuro gustaríame estar preparado para outras tarefas.