Fútbol

Unha selección de nivel

Malia as importantes ausencias, Galicia tentará amosar hoxe a súa calidade na súa volta os terreos de xogo diante de Venezuela

20.05.2016 | 02:48
Os futbolistas e técnicos da selección galega, onte no céspede de Riazor. // Víctor Echave

A selección galega volve a Riazor sete anos e medio despois do seu último partido para que a mellor xeración de futbolistas da terra poida amosar o seu fútbol. Por mor de diferentes causas houbo baixas a última hora e por mor da competición hai unha morea de xogadores cos que Fran e Míchel Salgado non puideron contar. Porén, hoxe sobre o céspede do coliseo coruñés estará a representación dos mellor futbolistas galaicos do momento. Profesionais de alto nivel, con proxección internacional e afeitos a participar en competicións de altísima categoría.

Certo que as ausencias van provocar que haxa futbolistas fóra do seu sitio habitual, caso especial na defensa onde Álex Bergantiños estará como central con Hugo Mallo (lateral dereito no Celta) e Jonny, que estará nesta banda dereita cando no equipo vigués adoita a moverse pola esquerda ou, no caso de necesidade, polo centro. Tamén a calidade que amosan os seleccionados na parte ofensiva fará que algún dos salientábeis da Primeira División teña que comezar no banco. Pode acontecer con Fran Rico, peza básica no Granada. Ou comeza el ou o fai Juan Domínguez. Van xogar todos e o de menos quizais sexa quen o faga desde o comezo e quen entre máis tarde.

O que máis pode chamar a atención é o potencial ofensivo deste equipo que fixeron Fran e Míchel. Todo vai depender do debuxo que desexen empregar, pero van estar xuntos Lucas, Aspas, Iago Falqué e Denis Suárez, unha das perlas da Primeira División e ao que parece que quere recuperar o Barcelona para a vindeira temporada.

Haberá fútbol de calidade para tentar manter a imbatibilidade que amosa Galicia nesta época moderna, pois nos catro partidos anteriores que disputou, desde o seu rexurdimento, gañou dous e empatou outro dous. En decembro de 2005 gañou a Uruguai (3-2) en San Lázaro e tres anos despois acadou o mesmo marcador perante Irán en Riazor (3-2). No medio, dous empates a un gol. O primeiro en 2006 en A Coruña diante de Ecuador; o segundo, en 2007 en Balaídos diante de Camerún.

Nesta volta terá enfronte a unha selección que tentará facer algo sonado no Copa America Centenario que comeza o vindeiro mes de xullo nos Estados Unidos. O fútbol venezolano medrou nos últimos anos, mesmo até o punto de loitar nas últimas fases de clasificación por un dos postos que as federacións sulamericanas teñen no Mundial. A viñotinto estrea adestrador, Rafael Dudamel.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Noticias relacionadas

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine