Por que salvar ao Clube Deportivo Ourense?

27.06.2014 | 02:22

Por que salvar ao Clube Deportivo Ourense? Esta é a pregunta que moita xente se fai e a que lle poderiamos contestar que por historia, por ser 62 anos de vida, ou por ser un emblema da cidade e da provincia, levando o seu nome con orgullo e dignidade.

Sen embargo, pensamos que Clube Deportivo Ourense merece e debe ser salvado tamén por Antonio Reverter, socio número 1 e fundador do clube no ano 1952, como símbolo dos directivos que de xeito honrado e leal traballaron polo clube sufrindo día a día os seus avatares.

Polo memorable equipo das 30 victorias nos 30 partidos na temporada 1968-1969, proeza histórica aínda non superada e símbolo do espíritu loitador e gañador deste clube. Por Miguel Ángel Vázquez, Miguelón, entrañable traballador do clube que nos deixou no ano 2008, símbolo de tantos traballadores que pasaron polo clube, traballando sen descanso, moitas veces máis alá do seu deber.

Por Pedro Arcas, falecido no ano 1972 na entrada de tribuna, símbolo de todos os xornalistas veraces e comprometidos que informaron, e o seguen facendo, aos seus seareiros do día a día do noso clube.

Por Lito, xogador que deu a súa vida polo Ourense no verán de 1985 adestrando no Seminario, símbolo de todos os xogadores e adestradores e demáis membros do corpo técnico que deron o seu suor e a súa sangue defendendo a camiseta vermella.

E finalmente pola señora Concha, a inesquecible e incansable seareira de Club Deportivo Ourense, símbolo de todos aqueles afeccionados que pasaron e pasamos polas bancadas do Couto, moitos deles amigos e familiares que xa nos deixaron, pero que nós mantemos na memoria.

Por todos eles paga a pena loitar por este clube. As súas esperanzas, loitas, tristuras e alegrías que non queden no esquecemento.

Forza Ourense! Sempre Ourense! Ala Ourense!

*Plataforma SOSCDOurense

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine