Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Céspede para a Baiuca no regreso a Preferente

| Na temporada 1988-89 o estadio municipal da Baiuca estreou o seu novo céspede, instalado tralo regreso á categoría Rexional Preferente. Esa remodelada e mellorada Baiuca estreouse o seis de decembro cun partido ante o Antela (na fotografía). A aliñación nese día foi a formada por Manolo, Carbón, Botana, Lilo, Josele e Carollo (arriba) Moncho, Fran, Jorge, Vituco e Rufino (abaixo). O primeiro tanto do equipo estradense no seu novo campo foi acadado por Vituco. Ese estreo de instalacións supoñía o inicio dunha nova etapa para o club, un camiño iniciado en Segunda e que terminaría co ascenso a Terceira, xa na época dos noventa.

Compartir el artículo

stats