A Escola do Club Ciclista Ponteareas levará o nome de Susana Alonso do Club Extremadura MTB Team-Ecopilas, Gañadora das duas últimas probas do Circuito Mundial UCI Marathon Series nas localidades de Paterna (Valencia) e Azores ( Portugal), tamén logrou este ano o Subcampionato Nacional de larga distancia en Alhaurín de la Torre, Málaga, mesmo escenario donde se proclamou Campiona de España de BTT Marathon 2014.

Deste xeito o Clube quere transmitir os valores que transmite a tódolos nenos e nenas do Clube, que é a integración e o potenciar que as nenas practiquen ciclismo, asimesmo tamén transmitir que o BTT está presente nesta entidade, xa que como elen mismos manifestan, os nenos e nenas deben facer a modalidade de ciclismo que mais lles guste e mellor se lles dea.

No momento que o Clube lle ofreceu a Susana esta posibilidade, ela mostrouse encantada dende o primeiro momento, asi como manifestou que é unha honra para ela que un Club como o Pontareán decidise que a sua Escola leve o seu nome, ela mesma manifestou que axudará a estes nenos e nenas do Clube en todo o que poida.