El 20 de maio pasado a Federación Galega de Fútbol puxo fin a oito anos sin Selección Galega Absoluta. O combinado masculino xogou contra Venezuela pero o regreso da Irmandiña estaba incompleto, faltaba a volta da Selección Feminina, comprometida tamén para este ano polo presidente da FGF, Rafael Louzán. Un compromiso que se fará realidade o vindeiro día 22 (xoves) deste mes de decembro, día no que a Selección Galega Feminina Absoluta xogará contra a potente Selección de Cataluña, logo do acordo alcanzado por ambas federacións.

O Estadio Municipal de A Lomba, en Vilagarcía de Arousa, é o lugar elixido para albergar este partido. En primeiro lugar polo interés mostrado polo Concello de Vilagarcía en acoller o encontro e tamén por ser sede dun dos clásicos do noso fútbol feminino, o Atlético Arousana, de donde saiu unha das mellores futbolistas galegas, a dianteira do Valencia Mari Paz Vilas.

Federación e Concello pecharon o acordo nos últimos días e A Lomba convertirase no centro de atención do fútbol feminino en España con este encontro no que poderemos ver a unha decena de xogadoras internacionais, como as galegas Verónica Boquete e a propia Maria Paz Vilas.

O partido dará comezo ás 19:00 horas e será retransmitido en directo polas televisións de Galicia e Cataluña. A presentación oficial do partido levarase a cabo nos próximos días e será aí cando se amplíe información sobre o precio das entradas, o seu sistema de venda e todo o relativo ó encontro.

A dirección deportiva da Federación decidiu que sexan os propios adestradores das seleccións galegas femininas de base os que asuman tamén a dirección técnica da Selección Absoluta. Quin Valbuena (seleccionador Sub-18) e Susú Cores (seleccionadora Sub-12) formarán un tándem técnico, mentras que Edu González (seleccionador Sub-16 e licenciado en INEF) realizará a función de preparador físico do equipo.