CAMPO DO FRAGOSO

Celta - Sporting | Goles do Morrazo

Non foi un bo partido do Celta que sen a dirección de Marcelo Díaz e sen o último pase de Fabián Orellana apostou por un xogo vertical

22.09.2016 | 12:39

Fixeron falta cinco partidos para que o Celta conseguise a primeira vitoria desta tempada. Un excelente resultado na táboa de marcas tan xusto coma agónico, fronte a un frouxo Sporting de Xixón, que pouco inquedou a porta de Sergio. Xaora, estes primeiros e tan valiosos tres puntos, que xa nos afastan dos muros do medo, non agochan as eivas do cadro de Berizzo, polo momento aínda unha sombra daquel espectacular das tres ligas anteriores. Este Celta europeo continúa en construción, tanto pola lentitude do proceso de incorporación das súas fichaxes como polo desequilibrio provocado na estrutura do xogo polas ausencias de Orellana e Chelo Díaz e polas saudades (inevitables) de Nolito.

Ben sabemos da teimosía de Eduardo Berizzo que non renuncia ao seu modelo de fútbol de salón, cunha saída da pelota ordenada dende a portaría, mesmo a pesar das dificultades de realizar o pase derradeiro con superioridade, obxectivo de todo o seu esquema. Os celestes deron un recital de posesión diante do Sporting, mais como sucedera co Leganés e na primeira parte diante do Atlético, non foron capaces de traducila en ocasións claras de gol. Durante a primeira parte dispuxo apenas dun remate de Gustavo Cabral que cabezou un saque de recanto excelente de Daniel Wass e un xute diagonal de Théo Bongonda que foi despexado por Cuéllar. Un balance atacante pobre para un equipo que monopolizou o xogo fronte a un rival que apenas dispuxo dunha chegada á área pequena celeste.

O mellor do partido foron dúas grandes xogadas de Pione Sisto, a quen se lle viu máis implicado e seguro que nos partidos anteriores, afastando da bancada os temores da síndrome Jaburú, aquela fichaxe de 1962 que nunca chegou a callar. O internacional dinamarqués avisou no minuto sesenta cun xute moi duro dende a dereita que chapou in extremis o porteiro asturiano. Entrada que repetiu polo mesmo espazo, cinco minutos despois, superando a dous defensores e chegando atá a liña de fondo, para deixar que o marinense Hugo Mallo rematase con precisión sobre o pau curto, abrindo a táboa de marcas. Minutos vibrantes de Sisto que amosou posúe caneo, desborde e disparo, condicións suficientes para ser un xogador importante no futuro.

Coa táboa de marcas por diante, a Berizzo entráronlle as dúbidas e quizais os medos. Adiou durante uns minutos a entrada de Rossi, cando xa agardaba incorporarse xunto a Gudel e ao cuarto árbitro, mesmo a pesar que algúns xogadores como Wass ou Bongonda vagaban na lameira desorientados. Porén, o italiano entraría decontado tras o gol dos asturianos, un penalti co que os agasallou o celeste Roncanglia, nunha acción impropia dun defensa internacional arxentino. O Sporting sacaba petróleo da súa segunda chegada e os fantasmas da desgraza celeste asomaban polo Lagares. Xaora, para os que dubiden da xustiza poética no fútbol, cinco minutos despois, sucedeu algo semellante na área astur cando Amorebieta trabou a Nemanja Radoja, que intentaba canealo. Un penalti que executou con serenidade Iago Aspas no seu partido douscentos como celeste. Un gol importante do astro de Moaña, que curaba moitas feridas e afastaba temores.

Non foi un bo partido do Celta que sen a dirección de Marcelo Díaz e sen o último pase de Fabián Orellana apostou por un xogo vertical, ao que non está afeito. Como padece as intermitencias dos seus centrocampistas, unhas veces incrustados entre os centrais, como lle sucedeu onte a Radoja durante boa parte do partido, outras incapaces de establecer asociacións gañadoras con Aspas ou cos extremos. En todo caso, estes dous goliños de fillos do Morrazo serviron para comezar a sumar na táboa clasificatoria, que boa falta facía. Agardemos que se acelere o proceso de mellora e axuste do equipo de Berizzo.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Celta de Vigo

Luis Enrique , de visita en A Madroa

Luis Enrique , de visita en A Madroa

El extécnico del Celta y el Barcelona aprovecha el entrenamiento matinal para saludar a sus...

El Celta convoca su junta de accionistas para finales de noviembre

El Celta convoca su junta de accionistas para finales de noviembre

Las cuentas, el presupuesto y la reelección y nombramiento de consejeros, en el orden del día

Sergio Álvarez: "Merecíamos algo más, por juego y ocasiones"

Sergio Álvarez: "Merecíamos algo más, por juego y ocasiones"

El catoirense lamenta la ausencia de los aficionados de Río: "Se notó la grada vacía. Es una pena...

Autobuses Simeone

Autobuses Simeone

"Non poido ser, mais gozamos dun Celta con vontade e intención de ser, que non é pouco"

El Celta no encuentra la llave del candado

El Celta no encuentra la llave del candado

Generoso esfuerzo de los de Unzué, que dominaron de forma abrumadora y merecieron mejor resultado

Deportes

Corrales y Piñeiro, concentrados con los ´Hispanos´

Corrales y Piñeiro, concentrados con los ´Hispanos´

El cangués y el vigués, en la lista de Jordi Ribera para los amistosos en Alemania

Adrián Malheiro se saca el billete para el Mundial

Adrián Malheiro se saca el billete para el Mundial

El joven piloto de Baiona se impuso este fin de semana en la última prueba de las Series Rotax...

El Madrid vence al Eibar muy lejos de su mejor versión

El equipo de Zidane no sufrió para ganar, pero lo hizo en un partido gris y ante un rival sin...

Difícil debut de Samuel González en la Copa del Mundo

Difícil debut de Samuel González en la Copa del Mundo

El vigués finalizó en el puesto 34º en su primera prueba internacional

La eterna discusión de Pellissier

La eterna discusión de Pellissier

El ciclista francés se convirtió en el enemigo público número uno del organizador del Tour por sus...


Buscador de deportes

Enlaces recomendados: Premios Cine