Sergio Álvarez formou parte do once inicial e, despois do descanso, deixou o seu sitio na portería a Diego Mariño, céltico por vigués no troco, confirmado a grande tradición do fútbol galego nas porterías, o que ben pode comprobarse na actualidade: Diego López, Yoel, Dani Jiménez, Rubén Blanco... O gardameta catoirense asegurou que foi un día moi especial para todos. "Foi un partido que tiñamos moitas gañas de xogar", confesou.

O gardamallas do Celta comentou que non lle importou deixar de descansar estes días para vistir a camisola da selección galega por vez primeira. "Por este partido perdería días de vacacións unha e mil veces", dixo cun sorriso.

Sergio analizou o encontro, no que según a súa opinión "Galicia dominou". "Sobre todo na primeira parte, tocando o balón", engadiu. O meta sentíuse "orgulloso" dos seus compañeiros.

Aspas quere a Mosquera

Iago Aspas, que foi aplaudido en Riazor, dixo sentirse "moi cómodo". "Houbo moita calidade", comentou e destacou a Pedro Mosquera: "Xa lle direi ó Celta a ver se o fichan".