21 de mayo de 2016
21.05.2016

Lucas Pérez: "Debutar coa selección na miña casa foi un soño"

21.05.2016 | 02:25

Lucas Pérez, o grande ídolo dos seareiros do Deportivo e unha das meirandes figuras da Irmandiña, desexa "poder repetir" un partido coa selección galega próximamente. "Falan de Navidade ou o próximo verán", comentou o dianteiro, quen non quixo falar do seu futuro no Deportivo. Moitos pensan que será traspasado este verán.

"Xogar coa selección e debutar en Riazor, na miña casa, foi un soño", confesou o coruñés. Ainda que o gol de Venezuela pillou ó equipo por sorpresa. "Foi no 92 e quedas un pouco frío". Para Lucas, "é unha selección moi boa".

O seu compañeiro no Deportivo, Álex Bergantiños, comentou que o partido de onte "foi moi especial". "Son bos recordos para min", dixo o capitán da selección galega, que xogou de central. Era o único que xa xogara coa selección na anterior etapa.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Buscador de deportes

Enlaces recomendados: Premios Cine