- ¿Hai que gañar ó Celta polos afeccionados, que o merecen despois de tantas decepcións?

- Claro. É a única razón pola que hai que gañar. Hay que gañar polo público. Temos que gañar un pouco de aire todos, porque despois temos dúas semanas e sería moi bonito sentirse osixenados esos 15 días para poder enfrontar o seguinte partido. O parón poderíanos vir ben para traballar con esa superenerxía que suporía gañarlle ó Celta.

- ¿Un triunfo no derbi cámbiao todo?

- Cambia moitísimas cousas. Sería enchelo noso depósito. É como se foras co depósito medio vacío, fáltache moito camiño e non atopas a gasoñileira, pero de repente a atopas. Reláxaste. É una gasoliñeira que necesitamos.

- ¿É o último que lle queda ó Deportivo para agarrarse a Primeira?

- Este partido contra o Celta está ben, pódenos vir ben para reaccionar, para saltar. A situación é complicadísima. Estamos na UCI. Cando un enfermo está na UCI os médicos encárganse do cerebro, do corazón e dos pulmóns. Os xogadores son os que teñen que dar o do de peito, coa axuda do entrenador en canto ó cerebro, e coa axuda dos afeccionados para os pulmóns e o corazón. Todos xuntos poderémolo conseguir. O Celta é un equipo ó que podemos e debemos gañar.

- ¿Está dacordo cos que din que os debis non se xogan, senón que se gañan?

- Para nós todos os partidos son case fináis, como derbis. Temos que gañar independientemente dos medios que utilicemos. Eso é o importante, gañar. A min gustaríame que fora espectacular e bonito, en tódolos sentidos, que os afeccionados dos dous equipos fixeran un derbi tremendo, grande, enorme, que tivera trascendencia mediática, que o estadio estivera cheo e que a pelexa fose so no terreo de xogo. O meu desexo é que os afeccionados vexan un gran encontro.

- ¿O seu pasado celeste fai que teña especiáis gañas de derrotar ó equipo vigués?

-Non, por eso non. A importancia que lle dou é polo que significa para o Deportivo e para mín como adestrador. Eu vin aquí a salvar ó Deportivo e sei que este partido é importante. Sei que temos once partidos, temos que gañar sete ou oito, e temos que ganar xa. Doulle valor nese sentido. O que rodea o derbi en sí non ten por qué afectarme, peropode axudar ó equipo.

-¿Qué queda daqueles Dépor-Celta que vostede vivíu coma técnico celeste?

- Nada. Realmente non queda nada. Foron momentos bonitos, sabendo o que sente o deportivismo e o celtismo. Eu son partícipe dos sentimentos de cada quen no lugar en que esté. ¿Que significa para un entrenador un derbi? As gañas de derrotar ó rival. Estás encamiñado, enlazado coa túa afición. A min chégame o sentimento do depotivismo agora e polo tanto sei o que significaría para os afeccionados derrotar ó Celta, e polo tanto vou poñer todo para que así sexa.

- ¿De que xeito vivía os derbis antes de ser adestrador?

- Eu fun adestrador desde que tiña 25 anos. Antes eu sempre fun do Compostela. Gustábame velos e pensaba o mesmo que agora. Sempre aspirei a que o derbi galego fose mundialmente coñecido. Deberíamos aspirar a eso e deixarnos de mirarnos ó embigo cada quen para facer un conxunto enorme, grandísimo, independientemente do resultado.

- De mozo, ¿posicionábase a prol dun ou outro equipo?

- Non excesivamente. Téñoo pasado mal porque vin cousas que non me gustaban. Como galego, dolíame que ocorreran certas cousas.

- Insua ven de facer un partido "máis que notable", según vostede, en Barcelona. ¿Podería selo único galego no once do Dépor?

- Está ó seu alcance. Xogarán os mellores. Se Pablo me demostra en tódolos sentidos que é mellor que Marchena ou Aythami, será titular. A decisión non está tomada. Teño que velo.

- ¿Tomouse moi mal Riki o feito de non viaxar a Barcelona?

- El tiña a ilusión de ir pero tíveno que descartar porque non puiden levar a 19.

- ¿Limítanlle o cupo para aforrar nos desplazamentos?

- Sí, e eu o entendo pola situación na que estamos. Riki ten razón para molestarse porque el entrenou o sábado e pensaba que estaba para xogar. ¿A quén descarto? Ó tomala decisión pensei máis no partido do venres. En todo caso, tería que estar cabreado conmigo. Foi unha decisión un pouco económica, porque seguramente se tivera a posibilidade de levar 19 o tería levado, pero é posible que en Barcelona optara por una decisión parecida. Falei con el, é un rapaz intelixente, un gran profesional e tampouco é tan difícil de comprender.

- Con tan pouco tempo por diante, ¿o de Nélson Oliveira é xa un caso perdido?

-Non. Nunca sabes. Él ten que darse conta de cómo actuou, ten que verse. Do rendimento que deu o sábado ó que ten él realmente, hai un mundo. Non pensó só en Nélson co mo futbolista do Deportivo. Creo en Nélson por enriba do tempo. Algún día terá que explotar. Se lle pode axudar ó Deportivo, mellor, pero se lle podo axudar a él para o futuro, vou axudalo. Hai una incoherencia entre a súa aptitude, o que vale el realmente, e a su actitude. A sú actitude non está á altura da súa aptitude. Ten que ser máis grande, imponente. Se traballa para mellorar, é xogador de equipo grande, pero o aspecto mental é todo. Se tes un Ferrari impresionante pero vai fora en cada curva porque o sistema de dirección falla, ¿de que serve?

- ¿E cómo se soluciona iso?

- Con axuda. Eu teño que axudalo, os compañeiros tamén e él ten que reflexionar. Necesitamos a Nélson, o equipo o necesita. Necesitamos os seus goles.

- Tras un mes no Deportivo, ¿o nivel real da plantilla é o que vostede imaxinaba desde fora?

- Máis ou menos sí, se corresponde, aínda que desde fora nunca tes un coñecemento tan preciso

- Algo que lle chamara a atención para ben...

-Paréceme que o grupo é interesante e importante en canto a funcionamento interior. Os xogadores falan entre eles. É un grupo charlatán e eso é positivo. Remata o adestramento e seguen. A veces tes que mandalos para a caseta, na cea igual. Falan todos con todos. Comunícanse perfectamente. É un grupo unido, eso o noto.

- ¿E o grupo cre como cre vostede na salvación?

- Agora empeza o serio e o equipo segue crendo. Seguirei e seguiremos crendo ata que as matemáticas nos digan que non é posible. De once temos que gañar sete. Aínda hai unha pequeña marxe, case ningunha, e temos que amosar as armas de que si podemos facelo. Unha de elas é ser invulnerables. Non podemos ser un barco. Temos que ser serios, firmes e fiables.