Víctor Vázquez, lateral dereito do filial do Celta de Vigo, asegurou hoxe que de momento o técnico Paco Herrera non lle confirmou que será o substituto do sancionado Hugo Mallo no partido do próximo sábado contra o Xerez, choque que o futbolista galego cualificou de "a vida ou morte".

"Polo de agora non me dixeron nada, por iso estou adestrando como un máis. Se me toca xogar intentarei facelo o mellor posíbel e demostrar ao adestrador que estou preparado para xogar co primeiro equipo", indicou Vázquez nunha rolda de prensa.

"É unha oportunidade moi bonita e un orgullo poder xogar nun equipo que está loitando polo ascenso", agregou o xogador, que xa debutou nesta tempada co primeiro equipo na décimo terceira xornada contra o Albacete ao non poder contar Paco Herrera co sancionado Hugo Mallo e Roberto Lago.

"O traballo que me mandou facer o míster naquel partido creo que o fixen ben. Sei que non son tan ofensivo como outros compañeiros, por iso centreime en defender", concluíu Vázquez, quen recoñeceu que o partido contra o Xerez é "moi importante" para o futuro do conxunto celeste