farodevigo.es » Deportes
 Noticia anterior   Noticia siguiente 
Xabier Alonso - Concelleiro de Deportes de Vigo

"Hai moita xente que se merece o galardón"

O presidente do xurado recoñece a dificultade de elixir un gañador entre a extensa nómina de aspirantes

 06:30  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Xabier Alonso, concejal de Deportes de Vigo.
Xabier Alonso, concejal de Deportes de Vigo.  FD

O xurado da Gran Gala do Deporte de Vigo e a súa comarca, presidido por Xabier Alonso, dará a coñecer mañá, a partir das 20.30 horas no Centro Social Caixanova, ós mellores deportistas masculino e feminino do 2009. Un total de 44 nominados, propostos polas súas respectivas federacións, optan a un galardón que, ano tras ano, vai gañando prestixio.
Será a grande oportunidade para que o deporte vigués festexe os seus logros. As mencións especiais, este ano, adícanse á labor das empresas, que pese a crise, seguen apostando polo deporte.

M.G. - VIGO – Chega a undécima edición da gala, unha data que todo o deporte vigués espera cada ano.

– Creo que o deporte é unha familia moi extensa en toda a cidade de Vigo, dende directivos, deportistas, administraccións e empresas que colaboran, e é un día de alegría, de xuntarnos e de recoñecer os méritos deportivos da xente que se esforza, e para recoñece-los seus méritos dende distintas visións. Ademáis nesta gala queremos facer unha mención especial neste ano de crise, aínda que dende o Concello aumentamos as subvencións, pero tamén queremos recoñecer ás empresas que nun ano tan difícil seguiron aportando ó deporte da cidade.

– O deporte é, ademáis, unha das sinais de identidade da cidade.

– O deporte vigués ten moitos anos de historia. Moitas veces me preguntan cal é a razón de que Vigo, sendo unha cidade da dimensión que é, teña tanta dinámica deportiva, pero é que aquí tivemos xente que foi pioneira en introduci-lo deporte dende o punto de vista polivalente, tanto dende práctica deportiva como por unha razón de saúde. Xente como Luis Miró ou Ozores, xente que creou escola. Agora dase un relevo xeneracional e uns van pasando ós outros a importancia e o valor do deporte.

– Dende o punto de vista dos éxitos deportivos acadados no 2009, ¿foi moi difícil a labor do xurado nesta edición?

– Nós, como xurado, o que facemos é a valoración final. Hai unha parte importante que fan as federacións (a proposta dos nominados) porque sería difícil que o xurado, que somos poucos, tiveramos o coñecemento de tódalas modalidades deportivas e esa responsabilidade cedémoslla ás federacións, que coñecen mellor quenes foron os deportistas que destacaron no 2009. Logo nós, dentro dos nominados, eleximos ó mellor home, muller e promesas e tamén propoñemos as mencións especiais.

– Dentro desa lista de nominados, ¿fíxose duro decantarse por un gañador masculino e feminino?

– Sempre é difícil porque hai moita xente que o merece. E habendo tanta xente nominada. En Vigo prácticamente cubrimos tódalas modalidades deportivas e todo o ámbito deportivo está cuberto e iso complica a labor do xurado á hora de elexir o mellor. Ademáis, hai moitas maneiras de medir e distintos obxectivos. Creo que o bo é que o deporte vigués que está sempre medrando. En Vigo hai práctica deportiva a nivel popular, federado, temos o Vigo en Xogo, as escolas, once equipos na élite... Cúbrense tódalas visións do deporte.

– Parece un bo síntoma que o deporte siga crecendo nun ano de crise coma este.

– A familia cada vez é máis numerosa, e cada vez hai máis deportes minoritarios que se suman ó espectáculo deportivo, ou ó deporte de base. Porque cada unha cubre unha faceta do deporte e todas son complementarias –élite, saúde–, todo é un conxunto e cada un dentro deste mundo que ten mil caras pertence a unha, pero todas se complementan e todas axudan as unas ás outras.

– É importante, logo, ter un aliciente coma estes premios deportivos á hora de seguir loitando por uns obxectivos.

– Para eles a Gala ten dous valores. O de compartir unha velada todos xuntos, e logo o de recibi-lo recoñecemento da súa federación e de toda a sociedade, e poder ver que os seus obxectivos están cumplidos. É de xustiza que llo recoñezamos.

– ¿Foi especialmente duro este ano de crise económica poder seguir mantendo axudas e subvencións no eido deportivo?

– É un ano compricado. Por eso neste ano de crise queríamos facer ese recoñecemento explícito porque efectivamente hai empresas que o están pasando mal e neste ano aquelas que a pesar desa situación colaboraron co deporte merecían un recoñecemento público.

– A nivel persoal, ¿quédalle algún anhelo ou algún soño que realizar en relación con este acontecemento deportivo e social?

– Eu a verdade é que a nivel persoal estou moi a gusto. Seguín sempre a práctica deportiva, pero ó estar agora na responsabilidade do Concello é gratificante ver que cada ano aumentan as subvencións, que cada ano aumentan os acontecementos deportivos, que este é o grande ano das infraestructuras deportivas, no que se farán dous pabillóns novos, un campo de fútbol novo, dúas piscinas novas… E eu non teño máis que estar satisfeito.

– A Gala “compite” con varios acontecementos deportivos este ano...

– Buscamo-la data con dous meses de anticipación, e por mala sorte nos caeu un partido de balonmano (Pilotes-Ciudad Real), un de baloncesto e tamén xoga a selección española con Francia, que non estaba previsto, cando nós decidimo-la data. Pero aínda así estou seguro de que os deportistas van acudir á gala porque é a súa festa.

COMPARTIR
 
anteriorsiguiente

Liga ACB en directo

ACB
 
GALERÍA:UN DÍA EN LOS JUEGOS DE INVIERNO
+ VER GALERÍA
Esquí  
Esquí
Todas las novedades de las estaciones de esquí y del estado de la nieve
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009