farodevigo.es » Deportes
 Noticia anterior   Noticia siguiente 
Desde el Pelotón

Non podes relaxarte nunca

Ezequiel Mosquera

 02:40  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

A chegada de hoxe (por onte) foi unha nova emboscada. A subida fíxose dura, o ritmo que puxeron foi moi alto. Non sei cántos chegariamos no primeiro grupo arriba, pero penso que moi poucos. Outro perigo grande foi a baixada. Foi un final estresante pola subida, para non descolgarte, e pola baixada, para non perder contacto cos de adiante. Aquí non podes relaxarte nunca, nin sequera nunha etapa, porque estás correndo o risco de perder segundos. O descenso foi tremendo. Samuel, que está tolo (risas), e Valverde, que o coñece, lanzáronse para abaixo, e houbo que arriscar para evitar quedarse cortado. Tiven que pasar a Basso, que ía con máis precaucións, porque lle costaba moito seguir o ritmo. Tiña dúas opcións, ou "botarlle huevos" e tirar para adiante ou tomalo con calma e arriscar a perder algúns segundos.
Estes días de Vuelta non dan para nada despois de que remata a etapa. Normalmente ó rematar xa te subes ó autobús, dúchaste nel e comes o bocata. Case tódolos días temos un traslado duns 40 minutos ou dunha hora, e chegamos ó hotel sobre as sete, máis ou menos.
Nese intre chega o turno dos masaxistas, que traballan contrarreloxo para atendernos a todos en só dúas horas, antes da cea. Ás nove baixamos a cear, precisamente agora estamos buscando o restaurante. ("Es por la cafetería" –escoitase de fondo ante a pregunta de Ezequiel–). O menú adoita ser bastante repetitivo, estamos un pouco cansados de comer sempre o mesmo, a base de pasta, arroz, filete de tenreira ou filete de polo. ¡Estannos poñendo lasagna! Unha pequena alegría agora que estabamos falando do tema (risas).
Mañá (por hoxe) debería haber unha escapada de principio, parece un día propicio para que chegue. Ó equipo do líder non lle interesa poñerse a bloque no porto de primeira, quererán pasar con tódalas unidades. Despois depende, pero hai moita tensión. Xa está aí a xornada de descanso, que xa se demanda, e logo chega un fin de semana un pouco heavy (tres finais en alto seguidos).

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
91%
No 9%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
50%
No 50%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009